Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº26 Otoño 2023
Illa da Toxa, no Grove, é un dos lugares máis turísticos e recoñecidos das Rías Baixas, coñecida sobre todo polas súas augas termais. Non obstante, esta pequena illa atesoura tesouros que merecen a pena coñecer e visitar. Un deles é a Capela de San Caralampio, coñecida popularmente como "a capela das cunchas", pois está completamente revestida de cunchas de vieira, converténdose así nun exemplar único no mundo.
Con planta de cruz latina e única nave, esta capela ergue-se nun entorno único, rodeada de xardíns e do Gran Hotel e do Balneario de A Toxa. Está adornada con miles de cunchas e representa non só un traballo de orfebrería excepcional, senón que tamén amosa a riqueza natural da zona na que se sitúa. A capela reúne todos os colores de Galicia, destacando nun oasis de cores no medio do verde dos xardíns e o azul das augas da Ría de Arousa, que bañan as costas da illa.
A pesar de que a capela foi construída en 1909, non se mantén tal como se concibiu inicialmente. A finais dos anos 40, cando as choivas intensas castigaban a rexión, a humidade comezou a penetrar na capela, causando deterioro no seu interior. Para solucionar este problema, o entón Marqués de Riestra, Raimundo Riestra Calderón, chamou a un mestre de obras da vila do Grove co nome de Anselmo Millán, que propuxo unha solución inspirada nas técnicas tradicionais das vilas mariñeiras: cubrir a superficie da capela con cunchas de vieira, de maneira que a auga escurriría por elas. Inicialmente, esta idea aplicouse só á fachada sur, pero o resultado foi tan satisfactorio que o Marqués decidiu que toda a capela fose recuberta.
Esta singularidade non fai máis que enriquecer a simboloxía desta peculiar capela. Sabemos que as augas da Illa da Toxa teñen poderes medicinais, e curiosamente, á vieira tamén se lle atribúen propiedades curativas. Inicialmente, a capela estaba dedicada a San Caralampio, o patrón das enfermidades da pel, pero dende a súa remodelación a mediados do século XX, tamén se comezou a venerar á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.
A Capela de San Caralampio é, así, un tesouro único que amosa a combinación perfecta entre a arte, conxuga a súa singularidade arquitectónica coa natureza e a tradición mariñeira da costa galega. Unha visita a esta capela é unha oportunidade para marabillarse coa súa beleza e singularidade, e para conectarse coa historia e a espiritualidade que a rodean.
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es