Daniela De Amorín | revista eSmás Vilagarcía Nº26 Otoño 2019
A lenda conta que uns mozos mariñeiros navegaban pola ría cando escoitaron os queixidos dunhas doncelas cautivas na illa de San Simón. Formaron un valente exército armado con espadas e, tras unha tortuosa batalla, deron morte á besta e liberaron ás mozas.
É un dragón? Un crocodilo? Unha serpe voadora? É ningún e todos á vez. Aínda que o seu nome poida levar á confusión, a Coca é un ser mitolóxico monstruoso e estraño cunha orixe moi ligada á relixión cristiá. Terra de meigas e trasnos, son múltiples as criaturas que conforman o inventario fantástico de Galicia e a Coca é unha das máis populares. Ten a súa propia festa en Redondela e é a protagonista da procesión do Corpus Christi en varias vilas da provincia pontevedresa, de feito moitos habitantes do Salnés aseguraron durante séculos ter visto algún exemplar nestes paraxes.
A lenda conta que uns mozos mariñeiros navegaban pola ría cando escoitaron os queixidos dunhas doncelas cautivas na illa de San Simón. Formaron un valente exército armado con espadas e, tras unha tortuosa batalla, deron morte á besta e liberaron ás mozas. Leváronas de volta ao pobo xunto aos restos do monstro, sobre os cales empezaron a bailar elevando as súas armas ao aire. Dende entón, durante o desfile do Corpus Cristi, cada ano conmemórase a batalla coa figura da Coca percorrendo as rúas da cidade e a celebración da Danza das Espadas e a Danza das Penlas.
Pero máis aló do seu vínculo con Galicia, a Coca é unha criatura homóloga á Tarasca, un ser que segundo a lenda habitaba en Tarascón, na Provenza francesa, e devastaba territorios por doquier. Só as pregarias de Santa Marta conseguiron domar á besta e levala de volta á cidade para asasinala sen que esta ofrecese resistencia. A figura da Tarasca lémbrase non só nalgunhas vilas de Francia e Bélxica, senón tamén cada ano durante a procesión do Corpus Chisti en pobos e cidades de varias rexións españolas, como Cataluña, Valencia, Castela e León e Andalucía. Pero como sinalaba o Padre Sarmiento en 1760: «En Galicia, e en especial en Pontevedra, non se chama Tarasca senón Coca, un nome máis apropiado para o que representa na procesión do Corpus (...) A cabeza da Coca de Pontevedra non tanto é de serpe como de Cocatrix, o crocodilo e, por conseguinte, o Leviathán que Cristo venceu». É neste punto onde se presenta a orixe relixiosa deste animal mitológico, considerado o símbolo do mal e a representación do monstro apocalíptico que será vencido polos exércitos celestiais, a herexía derrotada pola fe.
O aspecto físico deste animal mitolóxico é moi similar ao dun dragón, aínda que as súas características e comportamento varían en función da xeografía. A Coca galega é descrita como un monstro con cara de crocodilo, corpo de dragón, cola de serpe e xigantes ás de morcego, mentres que a Tarasca francesa inclúe descricións máis precisas, como seis patas de oso, unha cola con aguillón de escorpión e a cara dun león con orellas de cabalo. A pesar destas variacións, as descricións sempre coinciden coa elección de animais que se corresponden cos catro elementos da filosofía antiga: terra, lume, auga e aire. A mitoloxía, xunto con outros coñecementos como as artes, é parte dos modelos culturais de todas as civilizacións. A cultura galega conta cun imaxinario fantástico propio que supón un aspecto diferenciador da nosa comunidade, xerando unha identidade propia en constante loita pola súa preservación e custodia.
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20
Ropaz S.L. Materiales para la Construcción - Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 www.ropaz.es
Pídelo Luck – Delivery en Vilagarcía de Arousa Tu empresa de reparto a domicilio de comida. Telf.: 663 12 64 28 Pídelo Luck
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - Visita nuestra web
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Helen Doron English. Academia de inglés para niños y adolescentes. C/ Agustín Romero Nº18 Bajo, 36600 Vilagarcía de Arousa- 658 900 032 Helen Doron
Begoña Saborido Abogados - Plaza de Galicia, n° 19- 3°. Vilagarcía de Arousa. Tinos. 986 50 69 96 / 626 97 22 04 www.abogadosvilagarcia.es