Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 37 Verano 2022
Hai moita xente que, aínda a día de hoxe, non sabe que a primeira monarca de Galicia foi unha muller: Dona Urraca, a comezos do século XII.
Hai moita xente que, aínda a día de hoxe, non sabe que a primeira monarca de Galicia foi unha muller: Dona Urraca, a comezos do século XII. Pero malia a que o feito de que a coroa recaese nunha cabeza feminina fose algo case insólito naquela época, do que non se puido librar Dona Urraca foi de toda unha imaxinería popular que a sitúa no centro dunha serie de lendas que pagaríamos por saber se son certas.
O que parece que está máis que demostrado é que Dona Urraca e o bispo Xelmírez tiñan unha relación bastante… complicada, por chamalo dalgunha maneira. Dona Urraca tiña propiedades na nosa comarca e na contorna, como a Torre de Caldas, onde nacería o seu fillo Afonso VII, e por suposto o Castelo de Lobeira. Foi precisamente neste último espazo onde se mesturaron os intereses que tiñan tanto unha como o outro e que chegaron a tal extremo que a raíña, segundo se conta, tivo que tirar de imaxinación para que o bispo non lle botara a man ás súas riquezas.
A lenda di que, nun período no que a raíña Dona Urraca e o Bispo Xelmírez estaban en guerra mentres ela estaba no Castelo de Lobeira, a monarca comprendeu que a balanza non se estaba a decantar cara ao seu lado. Por esta razón, Dona Urraca ordenou que todo o ouro que tiña no Castelo fose cargado en varias mulas e fose levado ata Caldas para que, así, o Bispo Xelmírez non se puidese facer con el.
Cando o bispo conseguiu finalmente conquistar o castelo, ordenoulle á raíña que lle entregara a súa coroa. De non o facer, o Bispo Xelmírez ordenaría que lle sacaran os ollos. Malia ás ameazas, Dona Urraca non se intimidou e no canto de entregarlle a súa coroa, tirouna a unha mina moi profunda e mesmo lle dixo que, por moito que lle quitara os ollos, a raíña era ela e polo tanto non podía deixar que se fixera coa súa coroa. Ao Bispo Xelmírez non lle sentaron ben estas palabras e a súa vinganza foi brutal, irreversible e bastante persoal: ordenou derrubar o Castelo de Lobeira, un espazo no que el mesmo, tempo antes, fora prisioneiro da raíña.
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 Visita nuestra web
Bocadillos - Sandwiches - Cachapas - Arepas - Raciones. Rúa Baldosa 1 Bajo - 36600 Vilagarcía De Arousa (Pontevedra)
Angeles Tilve - Peluquería Unisex. Tlf: 626456011 - 886309829. Plaza Juan XXII, 2 - local 10. Vilagarcía. Horario: Martes a Sábados, de 9:00 a 20:00h.
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Tu boutique de moda para hombre y mujer con diseños de inspiración marítima. C/ Edelmiro Trillo nº21, Vilagarcía. Telf: 986 551 881 Visita nuestra web
Comida tradicional y productos autóctonos. Especialidad en pulpo y carnes Gallegas. C/ Rosalía de Castro, 26 - Vilagarcía. Telf: 986 18 69 19. https://www.pulperiaruedo.com/
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - Visita nuestra web
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - Visita nuestra web
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.