Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº41 Verano 2023
Falamos con Xermán Manuel Torres, director dá asociación A Mesa dás Verbas
Falamos con Xermán Manuel Torres, director dá asocia- ción A Mesa dás Verbas, para que nos conte algo máis desta iniciativa literaria con sede en Vilagarcía.
Como e cando comezou a andaina da Mesa das Verbas?
Foi unha idea concibida por María Palacios, Andrea Fernández Maneiro, Manuel Olveira e Xermán Manuel Torres no parladoiro que celebraban periodicamente na cafetería do Liceo Casino de Vilagarcía, despois de dous recitais poéticos celebrados na Residencia Divina Pastora en homenaxe de Lois Vila Fariña, primeiro Cronista Oficial do Concello de Vilanova de Arousa, Xermán Manuel Torres era daquela Vicepresidente e responsable de Cultura do Liceo Casino, que presidía Alfonso Saavedra Lourido e así esta centenaria entidade acollía como unha súa actividade os recitais poéticos e literarios mensuais que se denominaron Mesa das Verbas e a primeira Mesa foi o 21 de xaneiro de 2011, ás 20:30 h. nunha das salas do Liceo Casino de Vilgarcía de Arousa e xa temos celebrado a CXXXIII MESA DAS VERBAS, o pasado sábado, 27 de maio de 2023, ás 18:00 h. na Casa de Cultura de Castroagudín.

En que consisten as súas reunións?
Temos as Mesas das Verbas mensuais en que os asistentes recitan ou comparten textos propios ou ben doutras autoras/es. Tamén celebramos Mesas extraordinarias coa mesma dinámica, co protagonismo das verbas e da amizade. Facemos parladoiros semanais no bar La Marina, de carácter literario e para afondar nas relacións sociais de amizade.
Faise algunha outra actividade?
Si. Convocamos concursos de carácter literario nunha antiga e proveitosa colaboración co Centro Comercial Arousa e tamén coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e tamén colaboran connosco a Deputación Provincial de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Publicamos dous números anuais da nosa revista poética ANACO, gracias ao patrocinio de Concello de Vilagarcía de Arousa por medio do seu Servicio de Publicacións. Tamén publicamos o noso Boletín MEDULIO, que sae cada vez que temos xuntanza e os números especiais son patrocinados polas entidades públicas xa mencionadas. Tamén convocamos co Concello, co gallo do Día das Letras Galegas OS ESCOLARES DE VILAGARCÍA HOMENAXEAN... (ao personaxe elixido cada ano).
E outras moitas actividades que poden consultarse no noso blog: www.mesadasverbas.blogspot.com
Cal foi a evolución da asociación ata o momento?
Imos gañando experiencia e solvencia e nos temos constituído nunha Asociación Cultural se ánimo de lucro. Aberta a todas e a todos os que queiran participar.
En que momento está actualmente?
Nun momento moi interesante e expansivo con moitas ideas e iniciativas.
Cales son os obxectivos no futuro?
Consolidar o alcanzado e seguir crecendo e mellorando como unha oferta cultural e literaria aberta á comunidade.
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com