Aitana Iglesias | Revista eSmás Vilagarcía Nº 24
Son mootas as fontes que dan de beber a Vilagarcía, pero a da o parque da Coca agocha unha lenda moi peculiar
Numerosas son as fontes que dan de beber a Vilagarcía. Chea de encanto e historia, a fonte da Coca, cuxo nome se debe a un ser mitolóxico galego do que falaremos noutro número, atópase envolta nun clima de lenda e fantasía que agocha tras de si un dos mitos máis coñecidos pola xente do lugar.
Situada entre Laxe e Florida, conta a tradición que nela se deron multitude de aparicións. Nunha de tantas ocasións, un home chamado Pablo ía deica á Feira do Vintecinco de Carril. Para non perder tempo, decidiu saír cedo da casa, tanto que aínda era noite pechada cando puxo rumbo cara alí. Ao chegar á altura da fonte, atopouse de súpeto cunha moza de longos cabelos louros e beleza suprema que non paraba de ollalo mentres gardaba as súas galiñas. Sacándoo do seu ensimesmamento, a moza preguntoulle a onde ía a aquelas horas tan temperás. Aínda que dubidoso, Pablo fíxolle saber que se dirixía cara á Feira. Amosando un grande interese, a moza pediulle que lle mercase unha clave de ouro para o galiñeiro, xa que as aves non paraban de se lle escapar.
Pero tráema agochada para que non lle dé o sol, senón non a quero.
Preguntándolle que gañaba él con iso, a moza respondeulle:
Dareiche cen pezas de ouro
E alá continuou Pablo o camiño deica Carril, cavilando se o que lle prometera aquela extravagante muller sería verdade. Unha vez na Feira, acordouse do favor pedido pola moza e, buscando entre a multitude, atoupou a un home facendo zocos. Así, ocorréuselle pedirlle un anaquiño de madeira a modo de clave que servise coma peche para o galiñeiro. Ao rematar as compras, desfixo o camiño para chegar de novo á súa casa. Á pasar pola fonte, atopouse outra vez coa muller coidando das súas aves. Inmediatamente, requiriulle o tan prezado obxecto. Desta forma, Pablo sacou o anaco de madeira e deullo, ao que a loura respostou meténdose nun furado da fonte e saíndo cun saco cheo de ouro.
É para min?
Si, pero cunha condición: non podes miralo ata chegar á túa casa.
Sen entender moi ben o por qué daquela absurda prohibición, o home colleu o saco e continuou o camiño de volta ao seu fogar. Mais, unha vez cruzado o río, non foi quen de resistirse a abrir o saco para comprobar se efectivamente contiña no seu interior as cen moedas prometidas. Inesperadamente, todo o ouro comezou a se tornar carbón no mesmo momento de abrilo.
O meu ouro, o meu ouro! Todo o meu ouro se converteu en carbón por idiota! De non telo mirado, agora seríamos todos ricos!
E este é o motivo polo que o terreo anexo á Maroma onde aconteceu tal desgraza é coñecido actualmente coma “O Ouro”, na honra do home que, froito da impaciencia, perdeu a oportunidade dunha vida acomodada en cuestión de segundos. Coma postula Quevedo: “ a paciencia é unha virtude vencedora... A impaciencia é o vicio do diaño”.
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es