Autor: Xandrolas | revista eSmás O Salnés 38 Otoño 2026
En Vilanova tiñamos, entre outros, a «muller alta». E que che facía se che collía? Pois levábache...
En todo o folclore europeo existen multitude de seres e animais monstruosos cos que se asustaba os nenos para que obedecesen, nun instinto protector dos maiores cara aos meniños. Todos eles, por suposto, son imaxinarios. Eran historias que pasaban de xeración en xeración e que formaban parte da educación e da cultura popular.
Aqueles seres que a nosa cabeza constrúe, ás veces son figuras sen nome e, outras veces, son nomes sen figura. A memoria colectiva compón un imaxinario ao que vai dando xeito e nome, creando a idea de monstruosos seres que habitan na escuridade ou nas profundidades da terra, dos ríos ou do mar. A Coca e o Coco, as bichas, o unto, a urra, o lobishome e demais familia dun bestiario singular. Aparecen nas noites ou nos lugares afastados, como parte dunha estratexia social para modificar as condutas a través do medo que nos controla. E o máis curioso é que, moitas veces, non facía falta velos nin saber como eran. Abondaba con nomealos para que a imaxinación fixese o resto.
Nas mentes infantís, cada maxín é construído individualmente, pero a súa narrativa leva implícita a propia estrutura da sociedade que as xera. As figuras do imaxinario están imbricadas coa cultura propia, de tal xeito que forman parte da identidade de cada comunidade e territorio. Cada lugar tiña os seus medos, os seus personaxes e as súas historias, transmitidas ao longo dos anos da memoria que hoxe corre o risco de desaparecer.
Pois si... En Vilanova tiñamos, entre outros, a «muller alta». E que che facía se che collía? Pois levábache... A historia non conta máis. E iso era o peor, porque levábache e non sabías que ía facer contigo!
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com