Autora: Elvira Romay Cousido. Terapeuta / Counsellor Humanista Integrativo | revista eSmás O Salnés 37 Verano 2026
Dialoga e pregúntalle cómo se sinte. Si ves que non está receptivo dalle un respiro.
Os nosos fillos e fillas pasaron xa, ou pasan este setembro, e noutros casos pasarán en vindeiros cursos, de Educación Primaria a Educación Secundaria. Unha nova etapa para eles e para nós. Gustaríame, neste artigo, darvos unha pautas para acompañavos neste novo reto e desafío familiar.
En Primaria van da man da súa titora (na maior parte dos casos) ou titor, e dos seus profesores e profesoras. En Secundaria non sinten esa man sempre con eles. Para cada asignatura teñen un profesor/a, e non comprenden moitas veces que deban esforzarse moito máis que antes, e atopar información e solucións por sí mesmos. Esto provócalles moita frustración.
A baixa tolerancia á frustración é unha característica do adolescente, que ten un cerebro en obras. Javier Urra no seu libro Déjame en paz y dame la paga. Aprende a escuchar a tu adolescente y enséñale a que te escuche de Harper Collins, nos fala de esto: “los hormonados impulsos procedentes de la amígdala campan a sus anchas, pues se encuentran con las lentas neuronas de la corteza cerebral, sin mielinizar todavía”. Que significa esto? Que no cerebro do voso/a fillo/a estanse a producir cambios moi importantes, e que na corteza cerebral, que controla esas frustracións e esas emocións desbordadas, as obras van máis lentas que na zona da amígdala que responde máis rápidamente a esos impulsos frenéticos e irrefrenables.
¿Cómo lles podemos acompañamos ante estas dificultades? Tendo en conta as seguintes pautas:
1 - Dialoga e pregúntalle cómo se sinte. Si ves que non está receptivo dalle un respiro. E cando pase a súa tormenta emocional e esté máis calmado, é o momento de falar. Dalle un titular (eles non son de escoitar moitas frases seguidas de adultos), dille ti como te sentías coa súa idade, por exemplo. Espertarás a súa curiosidade e seguramente abrirase a falar contigo, si non é nese momento, seguro que en outra ocasión o fará.
2 - Pídelle a súa opinión en lugar de xulgalo. Ten paciencia e tempo para escoitalo, é importante que o fagas e que coñezas como pensa de determinados temas.
3 - Evita etiquetalo como “qué folgazán eres!”, “qué desordenada!”, “non entendes nada!”, porque ademáis de non axudalo/a, co tempo comenzarán a creer que son certas estas afirmacións sobre eles/elas mesmos/as. Ademáis os estás limitando en lugar de animalos a seguir avanzando. Non é o mesmo ser que comportarse dun determinado xeito. Coas etiquetas baseándonos nalgún comportamento en particular estámolos definindo como persoas, e esto hai que evitalo.
4 - Dende nenos motivámolos e animámolos dende o respecto sempre. Evitemos frases nada motivadoras e destructivas como “si sigues así non vas a chegar a nada na vida”. Frase que desafortunadamente se escoita nalgúns fogares e nalgunhas aulas en boca de profesores e profesoras.
5 - Qué descanse as horas necesarias. Menos de 8 horas ó día estará máis canso e irascible.
6 - Alimentarse de maneira saudable, evitando procesados e consumindo alimentos naturais de cercanía, proteínas, hidratos de carbono, froita, verdura, que son os nutrientes necesarios para a súa idade.
7 - O exercicio físico debe estar presente na súa rutina diaria e semanal.
8 - Normas e rutinas no fogar que deben cumprirse dende pequenos, e as respectivas consecuencias que son necesarias se non se cumpren.
9 - Valora o seu esforzo e anímao e axúdalle a buscar novos intereses e a súa paixón.
10 - Confía e móstralle o teu amor incondicional. É importante tamén darlle o seu espacio, están desenvolvendo a súa personalidade e adquirindo competencias e habilidades novas.
Pasar de Primaria a Secundaria é un proceso de cambio que non é doado en moitas ocasións. Dependerá de cada rapaz/rapaza e da base que traian da casa dende nenos. Espero que con estas pautas, pais e nais, teñades o camiño máis iluminado, e os obstáculos que aparezan vos sintades que esteades mellor preparados para afrontalos. Senón é así e vos sentídes desbordados, pedide axuda. Moitos profesionais nos preparamos de xeito continuo para acompañar nestas dificultades e ofrecervos solucións.
O voso adolescente ten moitas ganas de experimentar o mundo e gañar independencia pero tamén sigue necesitando estructura, dirección e, sobre todo, o voso amor incondicional.
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo