Autor: Bruno Padín Portela - Doutor en Historia | revista eSmás Vilagarcía 54 Otoño 2026
Desde o século V-IV a. C. a cousa cambia. Os castros engaden novas murallas e novos terrapléns.
Arredor do século VIII a. C. os castros empezan a abrirse camiño nas Rías Baixas e no norte de Portugal. Co tempo, serían o xeito de poboar máis característico de todo o noroeste peninsular antes da chegada de Roma. Estaban á beira do mar, nos altos dos montes ou terra adentro, pero todos compartían unha mesma lóxica; un foso e un terraplén marcaban a fronteira entre o poboado e o mundo exterior. Desde o século V-IV a. C. a cousa cambia. Os castros engaden novas murallas e novos terrapléns, e os recintos multiplícanse arredor do núcleo orixinal. O resultado era un poboado moito máis impoñente, difícil de ignorar na paisaxe.
En Vilagarcía de Arousa o gran referente é o castro de Alobre, no monte do Montiño, pegado ao casco histórico. É un dos xacementos máis emblemáticos da ría de Arousa e permite seguir o fío da historia comarcal, desde a orixe dos castros ata a romanización. Era un castro costeiro, aínda que hoxe o mar pareza lonxe: os recheos do porto afastárono da liña orixinal. Aquí apareceron as primeiras probas do intercambio castrexo co Mediterráneo, xa que do xacemento de Alobre partirían barcos con ánforas de viño e aceite. Unha vila que hoxe mira ao porto naceu, en boa medida, cara ao mar, que foi sustento das súas xentes.
Tamén as residencias mudaron. A partir do século V-IV a. C., en castros das Rías Baixas comezouse a modificar a forma e o tamaño das súas cabanas, adaptándose ás novas necesidades da vida cotiá. As casas circulares, que ata ese momento eran o modelo dominante, continuaron a ser construídas, pero xunto a elas apareceron novas tipoloxías de cabanas ovaladas e de planta cadrada ou rectangular con esquinas redondeadas. Isto implicou unha redución no tamaño das vivendas, cuxo diámetro pasou a ser de 4 ou 5 metros, fronte aos da etapa anterior, que superaban os 7 metros. Estas mudanzas prodúcense ao desaparecer as grandes cabanas onde se realizaban a maior parte das actividades cotiás e se almacenaban os excedentes e as ferramentas.
Nas Rías Baixas, o proceso de construción das cabanas seguía un patrón específico. Primeiro edificábase a cabana principal, que albergaba o fogar onde se comía e durmía. Posteriormente, se o espazo o permitía, engadíanse instalacións anexas que conformaban o espazo vital da familia, delimitando áreas independentes para diversas actividades. Desde o século IV a. C., as cabanas só se empregan para durmir, cociñar e reunirse ao redor do lume, mentres que outras instalacións específicas se destinaban ás actividades produtivas, permitindo que as vivendas fosen máis pequenas sen afectar á funcionalidade diaria da comunidade.

Recreación de Castro Alobre realizada por IA
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.