Elvira Romay Cousido - Terapeuta / Counsellor Humanista Integrativo | revista eSmás Vilagarcía 48 Primavera 2025
Desaconséllase o uso de pantallas antes dos 6 anos e, dos 7 aos 12 anos, a AEP menos dunha hora ao día.
Se estás lendo estas liñas e tes un fillo ou unha filla en idade escolar, en primaria ou secundaria, e consideras que pasan demasiado tempo pegados a unha pantalla (móbil, tablet, ordenador e consolas), espero que este artigo sexa útil para ti.
Grazas a novas evidencias científicas, a Asociación Española de Pediatría (AEP), no ano 2023, lanzou unha guía de recomendacións sobre o uso de pantallas na infancia e na adolescencia. Desaconsellan o uso de pantallas antes dos 6 anos.
Un estudo publicado en 2022 polo Reading and Literacy Discovery Center do Cincinnati Children’s demostrou que o uso de pantallas impacta no desenvolvemento de áreas do cerebro responsables do procesamento visual, da empatía, da atención, da memoria complexa e das habilidades temperás de lectura. É dicir, hai unha diminución do espesor da cortiza en varias rexións do cerebro en nenos e nenas de entre 3 e 5 anos.
A AEP recomenda, dos 7 aos 12 anos, menos dunha hora ao día, debido a que o uso excesivo favorece o estado de ánimo depresivo, as alteracións da conduta, a diminución da autoestima e a alteración do desenvolvemento cerebral. Ademais, reduce as horas de descanso e a secreción de melatonina, provoca un atraso no reloxo circadiano e unha diminución e atraso do sono REM. Dos 13 aos 16 anos recomendan menos de dúas horas ao día. Se os adolescentes pasan moito tempo diante das pantallas, limitan a práctica de actividade física e poden aumentar o consumo de alimentos hipercalóricos debido aos anuncios publicitarios, aumentando así o risco de sobrepeso e obesidade. Ademais, o uso excesivo de pantallas favorece a miopía progresiva, a visión borrosa, a dor cervico-lumbar, a fatiga xeral e as cefaleas.
Como conseguir que os nosos fillos pasen menos tempo pegados a estes dispositivos electrónicos para que non lles afecte ao seu desenvolvemento cerebral, ao seu estado de ánimo ou ao seu comportamento?
Dúas claves importantes: limitar o seu uso e, nós como pais e nais, dar exemplo cunha boa hixiene dixital. É un traballo complexo, tedioso e desesperante ás veces, pero non é imposible. Se tiveron barra libre de pantallas e agora queres limitarllas, vai custar tempo, pero pode conseguirse. Sempre coa repetición das regras, de maneira firme, sen dúbidas, sen berros e mantendo sempre a calma.
Aquí tes algúns exemplos de regras para unha hixiene dixital, que poden ser adaptadas segundo as necesidades de cada familia:
Nas horas das comidas comemos sen pantallas. É un momento para compartir en familia o que nos pasou no día, os nosos pensamentos e como nos sentimos.
O móbil, a tablet, a televisión e outros dispositivos electrónicos deben quedar fóra dos dormitorios. Para axudar a durmir, un bo libro é a mellor compañía.
Dúas horas antes de ir durmir, tempo sen pantallas. Preparamos o noso corpo para o descanso, creando un período de desconexión dixital.
Limitaremos o tempo de uso de pantallas segundo a idade (ver arriba).
O tempo de lecer debe ser ao aire libre, facendo actividades deportivas, lendo, xogando fóra ou dentro da casa. Este tempo debe ser superior ao tempo diante das pantallas, para todas as idades: nenos, adolescentes e adultos. Retrasar a idade do primeiro móbil intelixente en propiedade: é aconsellable que sexa a partir dos 16 anos. Entre moitos adolescentes e adultos están comezando a empregarse os móbiles "tontos" (dumbphones), sen conexión a internet. Serven para chamar, recibir chamadas e enviar SMS.
Unicef, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e o Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática, publicou un estudo no ano 2021 sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia. Participaron 50.000 adolescentes de todo o país. Case a metade deles usan internet máis de 5 horas ao día durante as fins de semana, e o 31,5 % usan internet máis de 5 horas ao día entre semana. Seis de cada dez adolescentes dormen co móbil ou coa tablet no dormitorio todos ou case todos os días. Catro de cada dez adolescentes están conectados para non sentirse sós.
Cales son os riscos do uso de internet e das redes sociais que perciben os adolescentes neste estudo? Ciberacoso, contacto con estraños, sentirse discriminados ou excluídos, chantaxe, sextorsión ou acceso a contidos inadecuados para a súa idade.
É moi recomendable que as familias dean exemplo e acompañen os seus fillos e fillas nun uso seguro e responsable das pantallas para minimizar estes riscos.
A tecnoloxía forma parte da nosa vida, pero é responsabilidade nosa, como adultos, fomentar un entorno seguro para que os nenos e adolescentes aproveiten as súas vantaxes, que son moitas, evitando tamén que poidan caer nunha adicción a estes dispositivos electrónicos. Cómprenos limitar o seu uso para promover unha boa saúde física e mental nos nosos nenos e adolescentes.
En palabras de Prince, que resumen moi ben este artigo:
"Non te deixes enganar por internet. Está ben usar o ordenador, pero non deixes que o ordenador te use a ti." Prince Rogers Nelson, en Yahoo Internet Life Awards, 1999.
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es