Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N 31 Invierno 2024
Durante anos, foron unha presenza constante nesta festa, animando rúas e prazas coa súa música.
Falamos con Evaristo Costas, secretario da asociación para que nos conte un poco máis da súa actividade. Os Firrás ten as súas raíces na tradición do Entroido, cando arredor do ano 1985 se formaron como comparsa carnavaleira no Grove. Durante anos, foron unha presenza constante nesta festa, animando rúas e prazas coa súa música. Con esta sólida traxectoria, no 2016 decidiron formalizar o seu compromiso coa cultura local e convertéronse oficialmente nunha asociación, consolidándose nun grupo de 15 compoñentes.
O colectivo está liderado por Enrique Amoedo Portela como presidente, acompañado por Ramón Lois como vicepresidente, Evaristo Costas Aguín no cargo de secretario e Mario Benavides Campos como tesoureiro. Estes líderes, xunto cos demais integrantes, traballan incansablemente para manter viva a tradición mariñeira e musical do Grove. A actividade da Asociación Os Firrás non se limita só ao Entroido. Organizan eventos anuais no Concello do Grove, como os populares Cantos de Taberna, que revitalizan o espírito das antigas xuntanzas en bares e tabernas, enchendo os recunchos do pobo de música e alegría. Outro evento destacado é o Festival de Verán "Noite de Serenatas", unha cita esperada que combina tradición e verán nunha noite inesquecible.
A solidariedade tamén forma parte do seu ADN, participando en concertos benéficos a favor de ONGs e entidades sen ánimo de lucro. Ademais, no Nadal, alegran as rúas coas Cantos das Xaneiras, mantendo vivo o espírito festivo. En 2018, Os Firrás presentaron o seu primeiro CD, titulado "Eu Nacín no Grove", unha homenaxe musical ao seu pobo e ás súas raíces mariñeiras. Este traballo foi un gran paso para eles, permitindo levar a súa música a novos escenarios e consolidarse no panorama cultural galego. O impacto de Os Firrás transcende as fronteiras do Grove. Teñen participado en programas da Televisión de Galicia como Ribeiras de Salitre, Luar e Aquí Galicia, así como na televisión portuguesa a través do programa Aquí Portugal. A súa música resoa en eventos como os Venres Musicais da Asociación de Veciños de Lavadores, os Cantos dos Nosos Barrios en San Roque (Vigo), e os Cantos de Taberna en Arzúa. Tamén son convidados habituais en festivais como as Festas do Viño Tinto de Barrantes, o Viño de Autor en Meaño, a Festa do Labrego de Baión, e a Festa do Marisco do Grove, entre outros eventos culturais.
O principal obxectivo desta asociación é a recuperación e difusión da música mariñeira tradicional e os Cantos de Taberna, elementos fundamentais na identidade cultural do Grove. A través da música, Os Firrás queren demostrar que o Grove non é só o paraíso do marisco, senón tamén un referente cultural. Con cada actuación, aportan o seu gran de area para preservar esta rica herdanza e para alegrar o mundo nun momento onde a música é máis necesaria ca nunca. O seu repertorio abrangue unha ampla variedade de estilos, desde habaneiras e boleros ata rancheras e temas tradicionais. Nos últimos anos, teñen ampliado o seu repertorio, sen esquecer as súas raíces nin as cancións propias inspiradas nos Cantos de Taberna.
Actualmente, están inmersos na preparación do seu segundo CD, aínda sen nome, pero que promete ser un paso adiante na súa traxectoria. Están nos preliminares, revisando orzamentos e elixindo temas, coa esperanza de ter o traballo listo para a primavera de 2025 e incluílo no repertorio dese ano. A asociación segue comprometida co seu pobo, coa súa música e coa cultura mariñeira, mantendo viva unha tradición que conecta xeracións e enriquece a identidade galega.



Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com