Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía N46 Otoño 2024
Estamos moi enfocados en recuperar a vida veciñal e cultural de Sobradelo.
Falamos con Anxo Lúa, presidente da Asociación Veciñal Outeiro de Sobradelo para coñecer máis sobre a sua actividade.
Cando e como comezou esta iniciativa?
A Asociación comezou en 2004 cando un grupo de veciños decidiu formar unha agrupación veciñal para mellorar os servizos viarios e accesos da parroquia. Durante os primeiros anos, a asociación tivo un papel moi activo, pero aproximadamente dende 2010, non houbo quen tomara o relevo da directiva e quedou inactiva, aínda que non se deu de baixa oficialmente. Non houbo actividades ata finais de 2019, comezos de 2020, cando me contactaron para informarme dos problemas que existían en Sobradelo, especialmente en temas como a seguridade viaria e o mantemento dos camiños.
Que problemas atopaches cando decidiches retomar a actividade da asociación?
A parroquia estaba bastante abandonada. Había carencias de mantemento nos accesos ao instituto Cotarelo, falta de puntos de luz, e en xeral, unha desatención en comparación co centro de Vilagarcía, onde se realizaban obras de mellora e canalización cada ano. Pola contra, en Sobradelo, as canalizacións estaban moi deterioradas. Estas deficiencias motivaron a convocatoria dunha asemblea veciñal en 2020, onde se elixiu unha nova xunta directiva coa que comezamos a reivindicar melloras para a parroquia.
E que melloras conseguistes ata o momento?
A nova directiva, formada por sete persoas, naceu coa idea clara de reivindicar ante a administración local as necesidades da parroquia. Algunhas das melloras que conseguimos foron a creación de beirarrúas en Ameixeiras e a ampliación da rúa Wenceslao Fernández Flores, que conecta dende Pablo Picasso ata a urbanización do Piñeiriño. Tamén estamos traballando para acometer unha reforma do saneamento e a mellora do vial na zona de Vilaboa, que é unha área de casco antigo e precisa unha recuperación do seu entorno.
Ademais das melloras viarias, que outros proxectos está a desenvolver a asociación?
Estamos moi enfocados en recuperar a vida veciñal e cultural de Sobradelo. Hai uns anos, a parroquia tiña un equipo de fútbol en terceira rexional, e tamén estamos traballando na recuperación do noso patrimonio inmaterial, como o folclore. Temos colectivos activos como Os Remolóns, que teñen moita presenza durante o Entroido. Tamén estamos en contacto coa Federación Galega de Xogos Tradicionais para recuperar xogos como a billarda e a chave. Queremos que Sobradelo recupere a súa unión e actividade cultural.
Falaches tamén dalgunha tradición que queredes recuperar. Cal é o papel das festas na vida da parroquia?
Queremos recuperar unha tradición moi importante para nós: o magosto, que foi moi exitoso en anteriores edicións. Ademais, impulsamos a organización dunha churrascada que serviu como un momento de confraternidade entre os veciños. Estas actividades non só teñen un carácter lúdico, senón tamén reivindicativo, xa que nos permiten xuntarnos, compartir e fortalecer o sentido de comunidade.
E que obxectivos a longo prazo tedes para a asociación?
Vemos o futuro da asociación con optimismo, pero somos conscientes de que a actual directiva ten unha media de idade avanzada. Necesitamos involucrar a xente máis nova para asegurar a continuidade. Tamén temos unha carencia importante: a falta de mulleres na directiva. Queremos romper co prexuízo de que as asociacións veciñais son cousa de homes. A participación das mulleres é fundamental para darlle un futuro máis diverso e inclusivo á asociación.
Mencionaches tamén a importancia do Campo do Outeiro. Podes falarnos máis sobre este espazo?
O Campo do Outeiro é o noso campo da festa, un espazo lúdico que agora mesmo tamén se usa como zona de aparcamento, o que é moi importante para as parroquias rurais. Estamos traballando para concienciar á administración local da necesidade de crear unha praza pública que permita aos veciños aparcar e ter un acceso seguro á igrexa. O vial actual é perigoso, xa que non hai espazo suficiente para aparcar e compartir o uso lúdico. Ademais, o ano pasado tivemos que loitar contra a instalación dun transformador por parte de Naturgy no medio da praza, o que sería unha auténtica bomba no corazón das nosas actividades sociais. Seguimos loitando para garantir que este espazo se preserve para o uso da veciñanza.



Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.