Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº14 - Otoño 2020
Historia y futuro de la banda de Música de Sanxenxo
A historia musical de Sanxenxo é relativamente antiga. No s. XIX créase en Padriñán unha pequena agrupación, a partir da cal Víctor Guiance funda en 1927 unha banda de música que se manterá ata 1941.
A tradición bandística no concello permanecerá nun impás ata que no ano 2000 se oferte desde a Concellería de Cultura a actividade de música, cunha resposta moi positiva por parte da comunidade que permitirá que ao ano seguinte a Escola de Música conte con 18 especialidades e máis de 100 alumnos. Todo isto, xunto co esforzo de alumn@s, nais e pais, profesores da escola e responsables políticos, fará posible que o 26 de maio de 2002 se presente unha nova agrupación musical baixo a dirección de Rafael Torres Míguez, a actual Banda de Música de Sanxenxo.

Coma todas as asociacións, a banda experimentou períodos de auxe e de declive, sobre todo nos períodos de cambio de director pois afecta tanto a nivel musical coma a nivel colectivo.
Co noso primeiro director conseguimos acadar o 2° posto no IV Certame Internacional de Vila de Sénia (2010), quedando a tan só un punto dos gañadores; e o 2° premio no X Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra 2010).
Desde 2012 ata comezos de 2015 a banda estivo dirixida por Pedro Villarroel González, co cal obtivemos un 3° posto no XVIII Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra (2014).
En marzo de 2015 a dirección artística da banda pasará a mans de Javier Alonso Pérez, con quen se conseguiron un 3° e un 1° premio na segunda sección do X (2016) e XI (2017) Certames da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

O relevo será tomado en novembro de 2018 e ata a actualidade por José Varela Pardo, co cal tras un primeiro ano de adaptación tiñamos diferentes proxectos que se viron truncados por mor da COVID-19.
En canto ao futuro, non descartamos presentarnos a algún certame cando a situación sanitaria se estabilice, así coma organizar algún encontro e/ou intercambio con algunha banda a nivel estatal. Por outro lado, non perdemos de vista a labor educativa da banda tanto a nivel persoal coma músical, especialmente nos seus membros máis noveis, quenes aprenden non só a traballar en grupo e a escoitar, senón tamén valores de responsabilidade e pertenza a un colectivo.

Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com