Redacción revista eSmás | Revista eSmás edición O Salnes Nº 5
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés, e neste caso imos visitar o Castro do Con das Sete Pías, no concello de Cambados, situado na parroquia de Santo Adrián de Vilariño,
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés, e neste caso imos visitar o Castro do Con das Sete Pías, no concello de Cambados, situado na parroquia de Santo Adrián de Vilariño, e limítrofe cos concellos de Vilanova e Ribadumia.
Este Castro situase nun pequeno cume denominado Monte da Grenla, e recibe o nome de Con das Sete Pías debido a unha enorme roca con diversos sucos e pías que se atopa no alto da croa, aínda que tamén se di que recibe ese nome debido as sete parroquias que se divisan dende o alto do cume: Barrantes, Ribadumia, Leiro, Oubiña, Tremoedo, Sisán y Leiro.
Cun dominio visual moi amplo sobre o val e a Ría da Arousa, presenta unha planta elíptica irregular cunhas dimensións medias. O Castro presenta diversos recintos e terrazas, moi difíciles de apreciar hoxe en día debido a masa forestal existente, así como algúns posibles alicerces dalgunhas estruturas, restos da muralla ao este, parapetos e unha construción circular duns 5 metros de diámetro, aínda que esta cronoloxicamente máis tardía parece ser.
Froito de algunha escavación atopáranse diversos anacos de cerámica, moldes de follas metálicas e diversos utensilios, expostos algúns no Museo de Pontevedra.
¿Que é un castro?
É un poboado fortificado, o elemento máis característico da cultura castrexa. Esta ten as súas orixes na Idade do Bronce, desenvolvéndose fundamentalmente na Idade do Ferro e rematando na época da romanización, entre os séculos IX a. C. e I-II d.C. O seu ámbito xeográfico enmárcase no noroeste peninsular; Galicia, norte de Portugal e occidente de Asturias, e León.
Normalmente carece de una urbanización propiamente dita (ata a romanización nalgúns casos)coma a que estamos acostumados hoxe en día, o espazo estaría formado por dous recintos, la croa, onde se sitúan as veces as estruturas de carácter “burocrático”, de reunión, de toma de decisións, e as diversas terrazas onde se sitúan as casas, as unidades domésticas. Estas, de planta circular, organízanse en torno a un patio común que pode estar formado por diferentes construcións: vivenda, almacén ou obradoiro. Nos seus inicios as casas estaban feitas de madeira, palla e barro, e despois de cachotería de granito ou lousa, e cubertas cun teito de palla, cun poste central sustentando un armazón de madeira. As paredes normalmente estaban lucidas no seu interior para protexer da humidade. O piso soe ser de xabre, e nas vivendas dispúñase unha lareira delimitada con pedras para cociñar e quencerse.
En canto os seus elementos defensivos, a propia elección do emprazamento xa de por si soe ter un carácter defensivo, coma neste caso, un pequeno outeiro. Isto xunto a construcións de murallas e parapetos defensivos, converten a estes poboados en auténticas fortificacións.
En futuros artigos falaremos de economía e sociedade. Conta unha lenda que dende aquí o Monte Lobeira hai enterrada unha cadea de ouro. Ata o próximo artigo.
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out