Alberto Martínez Gago | Revista eSmás edición O Salnes Nº 8
Ademais do castro ou enclave comercial atopamos unha necrópole romana, un castelo medieval e unha ermita
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e, neste caso, imos visitar o Castro
de A Lanzada, en Noalla, Sanxenxo, aínda que hoxe en día algúns investigadores din que deberíamos chamarlle enclave comercial mais que castro, xa que non ten os elementos defensivos propios dun poboado da cultura castrexa. Ademais do castro ou enclave comercial atopamos unha necrópole romana, un castelo medieval e unha ermita que converten esta localización nunha das máis importantes de Galicia.
Como xa sabedes un castro é un poboado fortificado, o elemento máis característico da cultura castrexa. Pero como sinalaba antes, este xacemento, segundo algúns investigadores, non ten ese carácter defensivo, polo que non poderíamos falar dun castro senón mais ben dun enclave comercial. A súa posición estratéxica e o interese, primeiro dos fenicios e despois dos romanos, por controlar o comercio do estaño co mundo mediterráneo, fixo que este pequeno poboado acabara convertido nun gran enclave comercial con mercadorías provenientes sobre todo do norte de África, Italia e o Mediterráneo Occidental. Froito das diversas actuacións arqueolóxicas atopáronse unha cantidade moi significativa de diversos materiais: cerámicas, líticos, bronces, ferros, vidros etc. Así, documéntase restos de ánforas que traían viño, aceite... e tamén moitos fragmentos de “terra sigillata”, unha cerámica de luxo da época romana. Ademais, apareceron ungüentarios, unha especie de contedores exóticos de pequenas dimensións para almacenar perfumes e coñécese a existencia dunha factoría de salazón que estivo operativa, polo menos, do século III a.c. ata o século I a.c.
Hoxe en día documéntanse outras estruturas que poderían ser casas ou unidades domésticas coma as que atopamos nun castro. Estas, de planta circular nos seus inicios, organízanse en torno a un patio común que pode estar formado por diferentes construcións: vivenda, almacén ou obradoiro. Nos seus inicios as casas estaban feitas de madeira, palla e barro, e despois de cachotería de granito ou lousa e cubertas cun teito de palla, cun poste central sustentando o armazón de madeira. As paredes normalmente estaban lúcidas no seu interior para protexer da humidade. O chan tendía a ser de xabre e nas vivendas dispúñase unha lareira delimitada con pedras para cociñar. En época romana as estruturas pasarán a ser de planta rectangular e, en moitos casos, o teito de palla era substituído por un teito de tégula ou tella. 
Ademais do enclave documéntase unha gran necrópole romana con tumbas de inhumación en caixas de madeira (atópanse os cravos das caixas por exemplo). As tumbas formadas por tégulas e ímbrices, con laxes de pedras e algunha de incineración conteñen esqueletos moi ben conservados grazas o depósito areoso que cubría o xacemento, xa que a area conserva mellor os materias orgánicos que un depósito de terra.
Noutra ocasión falaremos da torre medieval ou castelo. Ata o próximo artigo.
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652