Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 21 Verano 2022
Os vestixios arqueolóxicos presentes en Sanxenxo son múltiples e fascinantes. Os castros son algunhas das construcións medievais que podemos encontrar nas distintas parroquias: os castros de Dorrón, A Lanzada, Nantes, Portonovo ou Punta Elmo son algúns dos máis destacados e mellor conservados. Coma xa comentamos en outros artigos, o castro é un poboado fortificado, o elemento máis característico da cultura castrexa. Esta ten as súas orixes na Idade do Bronce, desenvolvéndose fundamentalmente na Idade do Ferro e rematando na época da romanización, entre os séculos IX a. C. e I-II d.C. O seu ámbito xeográfico enmárcase no noroeste peninsular; Galicia, norte de Portugal e occidente de Asturias e León.
A modo de exemplo, o Castro de Dorrón, analizado en anteriores publicacións da revista eSmás, conta cunha planta tirando a ovalada e unha croa con dimensións de 34 x 30 metros. Está arrodeado por outro recinto aterrado e presenta trazas do que puído ser un foxo. A pegada medieval, pola contra, non resulta tan visible no Castro de Adina, que está moi alterado debido as construcións levantadas a posteriori. Concretamente, na croa do Castro de Adina levantouse a igrexa de Santa María de Adina, inicialmente houbo unha construción adicada a render culto á deusa romana Minerva, homóloga da deusa grega Atenea. Posteriormente se dedicaría a Ataecina e, tras a evanxelización da zona, á Santa María La Digna, denominándose actualmente Adina a causa da galeguización do topónimo o longo do tempo.
A construción foi levantada sobre os restos dun templo románico do século XII, do que se conservan os muros e os aleróns da nave. Está realizada en cachotería de pedra e visible a varios centos de metros de distancia grazas ao outeiro sobre a que se erixe. De cuberta a dúas augas con dúas alturas e tella árabe, baixo a cornixa dos muros laterais aprécianse canecillos con formas antropomórficas e de animais. Na fachada da igrexa destacan o rosetón e a imaxe da Virxe co Neno situada entre aquel e a porta en arco de medio punto. Tamén se observa unha cruz no hastial e un campanario, rematado por uns pináculos. A igrexa posúe ademais unha capela de bóveda de crucería do século XVI, na que se cre que estaba o baldaquino que na actualidade está no altar. Este baldaquino conserva dous arcos conopiales e unha imaxe tallada da Virxe co Neno en brazos, situada entre eles. O recinto que rodea a igrexa, cercado por muros de pedra, alberga o que ata mediados da década de 1950 foi o cemiterio parroquial, destacando á súa vez un hórreo fronte ao atrio.



Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es