Redacción revista eSmás | Revista eSmás edición O Salnes Nº 6
Baamonde trata de respectar a realidade, pero ao mesmo tempo sen renunciar a certa porcentaxe de expresividad
Eduardo Baamonde naceu en Vilalba (Lugo) en 1962 e leva desde 1
988 exercendo como profesor de debuxo. Baamonde, que é autor e ilustrador de varios libros infantís, leva máis de 60 mostras individuais e ten acadado numerosos premios e recoñecementos, resaltando especialmente na especialidade de pintura rápida. Entre algúns deles atópanse o convite a participar en 2006 e 2017 no Festival des Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais, así como a súa selección para expor nas edicións de 2012 e 2016 da Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand. Baamonde asegura que é habitual entre os pintores ir acompañados dun caderno no que fan bosquexos, que no seu caso se foron acumulando ata que descubriu en Internet o fenómeno dos urban sketchers.
De feito, a súa afección polos apuntes do natural levouno a ser un dos primeiros correspondentes a nivel estatal desta rede de artistas, ata o punto de que chegou a ser finalista no III Certame de Libros de Viaxe convocado por Geoplaneta, en 2011. Algúns dos seus cadernos de viaxe, que recollen e resaltan os valores patrimoniais e culturais de grande parte do territorio galego (entre eles, a nosa comarca do Salnés), están publicados.
Coa súa introdución no mundo dos urban sketchers, os seus apuntamentos persoais comezaron a incorporar máis rigor á hora de rexistrar as imaxes. Deste xeito, Baamonde trata de respectar o referente da realidade, pero ao mesmo tempo sen renunciar a certa porcentaxe de expresividade á hora de debuxar. Pola contra, á hora de poñerse coa súa pintura máis persoal, distánciase do obvio para mergullarse nunha obra na que o seu estilo se achega máis a unha percepción onírica ou fantástica da realidade.

Na súa obra acadan unha especial importancia as vibracións da luz e d
a cor, así como conseguir unha atmosfera máxica sobre a superficie do lenzo. Para conseguilo, bebeu de numerosos referentes entre os que se atopan as disciplinas do simbolismo, o déco ou o pop. Entre os seus autores predilectos resaltan nomes como os de Daumier, Lautrec, Valloton, Bonnard, Casas, Pinazo, Mir ou Hopper, malia a que recoñece que son tantos que non é quen de nomealos a todos. Aínda así, asegura que a medida que pasan os anos foise afastando das fontes de inspiración externa para que o resultado das súas obras sexan froito das súas propias emocións e vivencias.
Para Eduardo Baamonde, debuxar é un xeito de pasar a vida e unha prioridade, pois considéraa unha “opción maratoniana” que unicamente abandonará cando non poida soster un lapis. Para el, na actualidade a sociedade vive unha época de grande talento creativo en diferentes ámbitos como a animación, a banda deseñada ou o deseño, malia a que considera unha mágoa que non se corresponde cunha demanda do mercado que a recoñeza con dignidade. Arestora, o artista está a traballar nun novo caderno de viaxe sobre unha cidade galega, que editará con Almacén de Fábulas, así como na continuación da súa serie de Illas e Faros Epicromáticos, que quere expoñer na Coruña en 2019.
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/