A Vilagarcía Antiga | Revista eSmás Vilagarcía Nº 8
Cesión Fotografías: Patrimonio Vilagarcía
Foi un 15 de setembro de 1873 cando ás 11.45 celebrábanse dous espectaculares actos nas súas estacións extremas, Cornes, pertencente entón ao Concello de Conxo (actualmente Santiago), e Carril (pertencente ao Concello de Santiago de Carril, hoxe Vilagarcía de Arousa). Dentro do contexto español, en 1837 inaugúrase o primeiro ferrocarril español na Habana, e en 1848 o primeiro ferrocarril peninsular entre Barcelona-Mataró (por tanto 25 anos de atraso sobre este último).
As obras comezaron trece anos antes e estiveron a cargo do inglés Mr. John Stephenson Mould, máis tarde arrendador da explotación, e do seu socio italiano D. Camilo Bertorini. Impulsado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País, a concesión foi otorgada en 1861, e transferida á compañía que había de explotala en 1863, constituída co pomposo nome de Sociedade do Ferro-Carril Compostelán da Infanta Dona Isabel de Santiago ao porto de Carril.
No seu 42 km. de percorrido bordea a ría de Arousa, e os ríos Ulla e Sar. As infraestruturas mais destacadas son: os túneles de Faramello e Conxo e dúas pontes metálicas en Conxo e entre Pontecesures e Padrón sobre o Ulla. Tiña sete estaciones intermedias: Carril, Catoira,
Pontecesures, Padrón, Esclavitude, Osebe e Casal, formando parte do que actualmente se denomina Eixo Atlántico desde a fronteira lusa ata Ferrol.
En 1880 fíxose cargo da xerencia outro inglés, John Trulock, e en 1886 cambiou o nome polo The West Galicia Railway Company, trasladando o seu domicilio social e o consello de administración a Londres, aínda que a xerencia permaneceu sempre en
Vilagarcía. O Sr. Trulock estableceuse definitivamente en Padrón, onde creou familia e onde anos máis tarde nacería o seu neto, o literato Premio Nobel D. Camilo José Cela Trulock, e en cuia Fundación se conserva a locomotora Sarita, que fora regalada ao seu avó polo presidente do Beira Alta dos ferrocarrís portugueses e aloxada actualmente nas inmediacións do museo Ferroviario en Iria Flavia.
En 1899 foi prolongada a liña até Pontevedra 32 km, quedando unida ao resto de España a través de Redondela. Durante moitos anos transportou produtos dos portos, agrícolas e gandeiros entre o mar a Santiago e viceversa, e nos veráns moitos composteláns e os da comarca, utilizabamos con frecuencia estes trens para gozar das praias arousás da Concha e Compostela.
En esta imaxe podemos ver o rey ALfonso XIII na estación de Carril e cuias anotacións din así:
“ Recuerdo de la 1ª visita del Rey a la Isla de Cortegada que dedica a Mr. C. Lessner su buen amigo...
24 de Septiembre 1907 S.M. Alfonso XIII en el momento de tomar el automóvil del Sr. Santamarina en la estación de Carril.”
A Locomotora “Sarita”:
Foi a "Sar" unha locomotora mítica da historia do ferrocarril galego. Todos os ferroviarios, ou persoas próximas ao ferrocarril, ao observar o seu paso, admiraban como "cuarteaba" ao ritmo das bielas... Pasaba contornándose orgullosamente" co seu penacho de vapor e todos sorrindo humanizárona co cariñoso nome de "Sarita". Inmediatamente alcanzou gran popularidade esta denominación, máis alá mesmo, dos límites da nosa rexión.
A locomotora foi fabricada en Leeds(Inglaterra) pola "Hunslet Engine Company" en 1880, por encarga da compañía ferroviaria portuguesa "Beira Alta", cuxo xerente no noso veciño país era José María Abalo de Souça, fundador e primeira presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, quen por negocios tivo que trasladarse a Vilagarcía e se casou na nosa cidade, establecendo así a súa residencia entre nós.
En 1886, José María Abalo dedide regalarlle a John Trulok esta locomotora. Sitúaa na estación de Carril, e coloca como maquinista ao vilagarcián Francisco Porto Codesido, casado con Carmen Rey Formoso, e que rexentaban unha fonda ao pé da estación de Carril.
Trulock enviou a Inglaterra a Francisco Porto para que se formase alí do manexo desta locomotora e coñecese perfectamente todos os seus elementos. Francisco Porto era coñecido como " o maquinista do xerente"
Á "Sarita", por ser de pertenza particular de Trulock, non lle foi asignado número na "The West Galicia". Ao falecemento de Trulock quedou a "Sar" como locomotora de maniobras, sen outorgárselle número ata que a "The West" foi absorbida pola Compañía do Oeste en 1929, asignándolle o número 191, que ostentou ata que en 1941, RENFE a renumerou no 030-0201. Xa con RENFE esta locomotora prestou servizo como máquina de manobras e cocheiras no peirao de Vigo.
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com