Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 38 Otoño 2022
Grupo de música
Como e cando comezou este proxecto?
En primeiro lugar, dar as grazas á revista por ter contacta- do con nós para poder facer esta entrevista e dar visibili- dade, desta forma e nesta canle, á música local.
A banda comezou en xaneiro do 2014, se ben é certo que como trío xa viñamos ensaiando desde maio do 2013, antes de que formara parte da banda Jose. O proxecto naceu como moitas bandas na busca de músicos pola rede. Eu escribinlle a un baixista e Yago (o batera) púxose nesas mesmas datas en contacto comigo. Tíñamos unhas inquedanzas similares e decidimos quedar en Vilagarcía nos locais de ensaio do auditorio para probar. Esa foi a primeira toma de contacto. Os meses seguintes, eu quería pechar a formación para empezar a darlle voz ás cancións nas que xa levábamos traballando desde a primavera do 2013 e tivemos a oportunidade de ver a Jose no seu bar Cordura poñendo música. Fomos a falarlle e despois de vir a escoitar un ensaio nos locais de Pontevedra de Vialia, decidiu quedarse na banda tras uns cantos ensaios en Viascón. O que viu despois xa é o que se sabe...
Que estilo podería dicirse que vos define?
Buf, complicado definir estilo. Eu non son partidario de etiquetas pero si que é verdade que gran parte do público tende a clasificar as bandas en xéneros ou estilos musicais. A modo xeral, a banda bebe principalmente do metal dos noventa. Sen embargo, poderíamos dicir de que cada un de nós ten os seus gustos na música e esa forma de vela fan que creemos a nosa música. Digamos que ten un son particular, iso sempre foi a constante da banda. Atopar algo con que identificarnos, que fose persoal... algo noso...non buscamos a aprobación de ninguén.

Cal foi a evolución ata o momento?
Si que tivemos en certa forma evolución, porque non é a mesma forma de ver a música fai oito anos que agora. Pódese dicir que mudou a lingua na que nos expresamos, xa que nas vindeiras cancións poderanse escoitar letras en castelán (ata agora todos os temas foron en inglés). Supoño que queremos que se nos entenda mellor na nosa terra. Por outro lado, agora eu estou levando partes vocais, asumindo os coros na banda. Tamén engadimos bases de teclados para darlle máis armonía a todo o conxunto. Polo tanto, foi unha evolución que revolucionou o noso son. Sempre estaremos comprometidos no progre- so de novas formas musicais...
En que punto se encontra na actualidade?
Aínda que nas redes sociais pareza que temos pouca actividade nas publicacións, hai que dicir que estamos preparando novas cancións, e traballando de forma cons- tante sen présa, pero sen pausa. A verdade é que, pese a tódalas dificultades que xurdiron nestes últimos meses, Enki nunca parou, e seguimos creando para sacar adiante os nosos proxectos artísticos.
Cales son os obxectivos no futuro?
Sacar novos temas e intentar saír a presentalos en directo. Así de sinxelo. Tamén tratamos de escoller mellor os sitios nos que tocamos; digamos que agora non todo nos vale e preferimos un par de concertos ó ano en condicións que “tocar por tocar” sen un mínimo de seguridade de que o que proxectamos no escenario vai escoitarse cunhas garantías de son. Entendemos que neste estilo musical soar claro e ben resulta fundamental. Sen embargo, pese a todo o percorrido que xa temos detrás, ás veces as cousas resultan algo complicadas e non tan doadas de facer. E sentimos mágoa de ver como temos dificultades para conseguir unha simple resposta de festivais nos que se enchen a boca de falar da “nosa cultura” pero logo, non sei ben os motivos, (xa que hai moitas variables, condicio- nantes, axencias de contratación, etc) pero non se teñen en conta as bandas “underground” galegas. Por poñer un exemplo, tivemos resposta de festivais no estranxeiro pero non en galegos ou nacionais nos que case sempre “xiran” os mesmos. Creo que é preciso un troco de mentalidade no sector musical (organizadores, promotoras, etc), e non por ser de aquí significa que vales menos. Sei que existen intereses da industria pero todo non debería valer e menos cando hai cartos públicos de por medio e non se lles da a posibilidade a bandas máis próximas, de poder dar a coñecer a súa proposta musical. Eu mesmamentedescubrín algunhas bandas menos coñecidas en festivais de gran formato e en concertos como bandas teloneiras e agora forman parte da miña lista de favoritas. Resumindo: Os nosos proxectos de futuro sempre pasan por seguir creando e traballando arreo para dar a coñecer a nosa música, e seguir ilusionándonos co que facemos. Esta é a nosa paixón.
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks. Dr: Valentín Viqueira, 3 - 36600 - Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 830 450- Email: eltrastero10818@gmail.com
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es