Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 22
Nado no Sixto en 1981, o músico empezou no mundo folclórico con tan so 12 anos. Dende entón pasou por numerosas bandas e agrupacións culturais que avalan o seu talento.
A meirande parte da infancia de José Manuel Acha transcorreu en Mozorín, en Baión. Preto de alí, no Sixto, foi onde naceu a Banda de Gaitas do Centro Cultural O Sixto, en 1981. Acha entrou a formar parte dela case por casualidade, por acompañar á súa prima e pola insistencia do seu avó, cando aos 12 anos. A partir dese momento, José Manuel Acha converteuse en autodidacta y tamén se seguiu formando en diferentes escolas, entre as que resaltan o Conservatorio Folque de Lalín (onde aprendeu a zanfona e a requinta), a Escola de Música de Vilagarcía (nela perfeccionou a frauta) e a Escola de Música de Caldas (saxo soprano). Tampouco lle faltaron as clases con grandes mestres de música, como Xaquín Xesteira ou Suso Vaamonde.
Non só recibiu clases de grandes mestres, senón que axiña se converteu el mesmo nun. De feito, con só 14 anos xa comezou a súa traxectoria como mestre ao ensinar aos seus amigos de Godos no grupo folclórico de Santa María. Non o debeu de facer moi mal cando dela saíu o grupo actual Maquia Gaiteiros. Ademais, e desde hai xa 31 anos, dá clases no grupo Santa Plácida de Rubianes.
O estilo da súa música é tradicional, con algúns toques de folk, e por iso cando fala das formacións polas que se sinte influído non pode deixar de nomear grupos como Os Campaneiros, Milladoiro, Os Irmáns Garceiras, Os Areeiras ou Os Amigos de Lugo. Non son nada máis que un reflexo da discografía que, durante a década dos anos 80, podía ter ao alcalde da súa man.
Ao longo de toda a súa traxectoria pertenceu a numerosas formacións como a Banda de Gaitas C. C. O Sixto, o grupo folclórico de Santa María de Godos (onde participou non só como mestre senón tamén como gaiteiro) ou a Orquestra de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde, tocando a zanfona, ademais de ter colaborado coa Banda municipal de Caldas de Reis. Tamén deixou a súa pegada nalgúns dos discos gravados polo cantautor Manoele de Felisa e polo pianista Juan Carlos Cambas.
José Manuel Acha tamén formou parte do proxecto musical Ballestrinque, xunto ao guitarrista arxentino Néstor Blanco, e do grupo ‘Aires da Terra, o legado de Feijoo’ que se creou expresamente para conmemorar o centenario da disolución do primeiro coro galego, Aires da Terra.
Pero non acaba aí a cousa, porque lle seguen os seus títulos de director de distintas bandas de gaitas como son a Mar de Arousa de Bamio, a Santa Plácida de Rubianes ou a Valle Inclán de Vilanova de Arousa. Tamén foi director e membro do grupo de gaitas Maquía, Gaiteiro de Godos e profesor de gaita e de percusión tradicional nas asociacións O Castro de Baión e na Asociación de Mulleres Rurais de Carracedo (Caldas).
Entre os seus obxectivos de futuro segue tendo moita importancia a súa faceta formativa, xa que quere seguir transmitindo o que aprendeu da música galega e conseguir que siga perdurando no tempo.
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es