Aitana Iglesias | revista eSmás Vilagarcía Nº 25 Verano 2019
A familia Mariño, afincada en Vilaxoán e dona do pazo de Sobrán, debe o seu apelido á serea tallada en pedra de Sálvora
Os seres e criaturas mitolóxicas contan cunha notable presenza na cultura de todo recuncho da xeografía planetaria. Dragóns, elfos, faunos, centauros, ninfas, fadas, meigas... Son infinitos os entes creados polo imaxinario popular tentando dar á realidade unha explicación formal e non racional aos fenómenos da natureza. Deste xeito, a sabiduría galega atópase asolagada de múltiples exemplos de espécimes cuxa orixe se vincula a algún dos lugares, coñecidos ou recónditos, que conforman a orografía da comunidade.
Entre todas as criaturas, as sereas son a peza central sobre a que se asentan a meirande parte das fábulas dos pobos asociados ao mar. Así, resultan incontables as narracións nas que teñen presenza e as que, con distintas historias e desenlaces, se extenderon polo territorio europeo. Muller e peixe a metades iguais, nereida é o nome máis axeitado a esta océanida, dado que a concepto serea fai referencia a un ser feminino dotado de alas e non cola. Sen embargo, foi esta segunda denominación a que gañou maior peso no falar do día a día, relegando á primeira ao esquecemento.
Deste xeito, a familia Mariño, afincada en Vilaxoán e dona pretérita do pazo de Sobrán, debe o seu apelido á serea tallada en pedra que se erixe na illa de Sálvora. Aínda que con múltiples versións que difiren levemente, a crónica máis extendida afirma que Roldán, coma así é acuñado o famoso cabaleiro sobriño de Carlomagno, refuxiouse malferido no tesouro da ría arousana. Sendo habituais as súas camiñatas a lomos do seu cabalo, deu nunha deses tantas ocasións en divisar o que semellaba un corpo de muller esvarado na area. Ao achegarse, puido comprobar o errado da súa visión ao percatarse de que se trataba, en realidade, dunha serea. Espírito de cabaleiro, rescatouna da intemperie e levouna deica o seu fogar. Desprovéndoa de escamas, conseguiu que a fermosa nereida se convertise nunha atractiva muller. Malia as múltiples tentativas por saber o seu nome, Roldán caeu na conta de que a aposta musa era muda. Cavilando cal sería a mellor opción, decidiu darlle voltas e acuñarlle el mesmo un. Sendo coma era a súa orixe marítima, ¿por qué non Mariña?
Namorados coma tolos, o nacemento preto de San Xoán do seu primeiro fillo colmaría de felicidade á recén estreada familia Mariño. Tal celebración abraiou á nereida que, observándoo todo coa curiosidade de quen se atopa fronte a algo novo, viu coma Roldán se achegaba e lle arrebataba ao seu pequeno dos brazos. Descoñecendo a tradición de saltar a fogueira, o pánico apresouse dela ao crer que o seu galán arroxaría ao neno ao lume, dando en berrar:
¡Fillo!
Ao articular o vocablo, un trozo de carne se desprendeu do seu interior, momento a partir do cal a súa mudez se convertiu en auga pasada. Froito do seu amor naceron outros tres retoños, aos que criaron conxuntamente ata a morte de Roldán na batalla de Roncesvalles. Nese momento, a serea voltou ao mar, coa condición de que, de cada xeración, un dos nenos lle tería que ser entregado: aquel que nacese con ollos azuis e escamas nos muslos.
Aínda que a historia remata aquí, non así a historia da familia Mariño. Perseguida pola desgraza, dita estirpe perdía sempre a un dos seus fillos no mar. A pesares da prohibición de achegarse á costa ou elixir unha profesión a ela relacionada, a súa atracción era tan forte que daban en incumplir o mandato, desaparecendo sen deixar rastro.
Se cadra, esta historia teña algo que ver cos populares casos de Mariños de ollos azuis desaparecidos no mar. Ou, quizais, a lenda só sexa a razón pola que o escudo da familia vilaxoanesa contén unha nereida.

Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com