Alberto Martínez Gago | revista eSmás O Salnes Nº 9
Pequena necrópole formada por 3 mámoas, das cales unha hoxe en día está case totalmente desaparecida por unha pista
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés, e neste caso imos visitar as Mámoas de Penaguda, que se atopan na parroquia de Santa Eulalia de Xil, no concello de Meaño.
Aquí documéntase unha pequena necrópole formada por 3 mámoas, das cales unha hoxe en día está case totalmente desaparecida por culpa dunha pista. As outras dúas presentan unhas dimensións duns 20 m aproximadamente de diámetro a primeira, por uns 15 m. a segunda, por case 1,80 m. de altura, e 1,20 m. respectivamente. Non presentan ortostatos(pedra de grandes dimensións) ou laxas a vista, polo que supoñemos que neste caso poderían corresponder a última fase do fenómeno tumular no cal se enterraban aos defuntos en foxas ou cistas e cubríanos con terra.
Unha mámoa é unha tumba da cultura megalítica ou do denominado fenómeno tumular en Galicia. O máis característico desta cultura era a construción de grandes monumentos con pedras, coma as mámoas, os círculos líticos ou cromlechs, ou os henges. As máis numerosas son as que denominamos mámoas, medorras, medoñas, ou antas, máis usado en Portugal (dólmenes en castelán). Este fenómeno tumular, como o denominan algúns investigadores, abarcaría aproximadamente entre o VI e o II milenio A.C., dende o Neolítico ata Idade do Bronce.
Estas construcións realizáronas os primeiros grandes campesiños de Galicia, que aos poucos deixaron de
ser nómades para asentarse en certas zonas, temporalmente ao principio, e que a diferenza dos seus poboados feitos con materiais febles, destacan estas tumbas realizadas con grandes ortostatos (pedras).
Na maioría dos casos eran tumbas colectivas (tamén documéntanse tumbas individuais) formando pequenas necrópoles nas que as pequenas tribos de 20-30 individuos enterraban aos seus defuntos. Situábanse normalmente nas cimas das serras de superficies planas (como no alto do Barbanza) ou en chairas situadas a media altura, como neste caso, desde onde se obtén un dominio visual moi amplo do entorno.
Distinguiremos 3 tipos ou estilos de tumbas (mámoas): de cámara sinxela, de corredor e de foxa ou cista.
Aparentemente neste caso serían de foxa. Enterrábanos no medio e despois cubríase toda a estrutura con terra sobre a que se colocaban as veces pedras de pequenas dimensións a modo de coraza (neste caso non se atopan) dando a aparencia de pequenas montañas ou túmulos, cunha forma circular ou ovalada. En ocasións un círculo lítico pechaba e rodeaba todo o túmulo, aínda que aquí tampouco se documenta.
Hoxe en día soen presentar unha aparencia algo diferente, xa que as cámaras están derrubadas ou faltan os ortostatos, ou presentan grandes conos de espoliación no túmulo, froito quizais da procura dos famosos tesouros dos mouros.
Ata o próximo artigo!


AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com