Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº30 - Otoño 2020
Esta artista busca transmitir valores como a beleza e o coidado do medioambiente.
Dende moi pequena María José Rodríguez tivo unha clara vocación artística. Empezou coleccionando cupóns para comprar o seu primeiro plumier, pero moi pronto cambiou os lápices Alpino por un lenzo de óleo.
Esta artista nacida en A Coruña pero afincada en Vilagarcía de Arousa desenvolveu de xeito autodidacta un talento multidisciplinar e pedagóxico que busca transmitir valores como a beleza e o coidado do medio ambiente. “A miña misión é deixar o mundo mais fermoso do que o atopei” sinala a artista.
Unha artista polivalente e pedagóxica
A obra de María José Rodríguez non se pode encadrar dentro dun estilo nin nunha disciplina concreta. A súa técnica mistura distintas áreas como poden ser a pintura, a ilustración, a costura e incluso a artesanía, a través da cal crea pezas únicas tal e como facían os nosos avós cos cestos de mimbre ou gancho. A súa faceta artística vai moito mais alá da pintura, posto que aposta tamén polo debuxo, a confección, a escultura, a fotografía e a literatura.
A súa influencia principal é a beleza. Calquera pequeno detalle pode ser fonte de inspiración. Unha gran viaxe ou un corto paseo polo monte pode ser perfecto para atopar materiais a través dos cales transmitir a súa arte. A súa polivalencia a nivel de materiais permítelle traballar cun sinfín de elementos reciclados que incorpora a a súa obra: cartón, plásticos, pedras, chapas, tecidos, cunchas....


As súas dúas últimas exposicións chegaron a expoñerse en museos e espazos de gran afluencia en toda España. A súa colección ‘Desde Madrid al mundo’ estivo exposta no mismísimo aeroporto de Barajas en Madrid e o seu último traballo ‘Paisaxes do Camiño’ xa ten recorrido casi todo Galicia, aínda que o coronavirus frenou a xira da artista. A obra iba a ser exposta no aeroporto de Santiago de Compostela pero cancelouse con motivo da pandemia.
O seu traballo durante a cuarentena
A nivel de exposición, o traballo de María José Rodríguez continúa estando paralizado pola pandemia, pero a nivel de creación o confinamento foi incluso o seu momento máis prolífico. A arte ten esa capacidade de liberación, de permitir ó illamento da vida real, que era unha necesidade latente durante a pandemia.
Deste xeito, a artista continúa traballando na temática do Camiño de Santiago en previsión do próximo ano Xacobeo 2021. Moi pronto poderemos ver algunha das súas obras máis destacadas na Sala Rivas Briones. Se trata dunha exposición que a artista persegue dende hai un tempo, posto que faille especial ilusión presentar o seu traballo na súa cidade.
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 www.audicostaudifonos.com
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web