Suso Bao | Revista eSmás edición O Salnes Nº 5
Afinais da década dos anos setenta o voleibol chegou a Cambados coa formación dos primeiros equipos municipais desta disciplina deportiva, na contorna do Colexio de Corvillón.
Autor: Suso Bao
XAV Cambados
Afinais da década dos anos setenta o voleibol chegou a Cambados coa formación dos primeiros equipos muni
cipais desta disciplina deportiva, na contorna do Colexio de Corvillón. Por aquel entón eran os tempos dourados do voleibol nos campos a ceo aberto, tanto que estas formacións primixenias chegaron a proclamarse subcampioas a nivel galego.
Deste xermolo naceu un dos primeiros equipos de voleibol de Cambados, o Voleisan. Este foi o nome baixo o que competiron irmás como as Cortegoso ou as Oubiña, sempre baixo as ordes do seu adestrador, o señor Cortegoso. Dando un salto de vinte anos, e unha vez nos situamos nos anos noventa, algo cambiou definitivamente no panorama do voleibol en Cambados. Foi a chegada da canaria Rita Yáñez Noda, unha apaixonada deste deporte que contaxiou a toda a vila coa aparición dunha nova asociación de voleibol: o Xuventude Afeccionada ao Voleibol (XAV) Cambados constituíuse como club no ano 1997 e, malia que houbo un tempo no que chegaron a convivir dous equipos, finalmente foi o único que logrou permanecer na vila.
Nestes xa máis de 20 anos, cóntanse en centos as rapazas que xogaron no club, conseguindo establecerse sen sobresaltos nas máximas categorías a nivel galego: primeira división sénior, segunda galega xuvenil, primeira galega cadete e primeira galega infantil. Á súa vez, cultivaron unha base que compite, nesta vez a nivel provincial, nas categorías de benxamín, alevín e infantil.
Estes resultados repetíronse no último curso, ao conseguir competir na primeira división galega sénior (logrando a permanencia), ou o ascenso á segunda xuvenil, na que o XAV Cambados non perdeu un só partido. Algo mellor lles foi ás integrantes do equipo de cadetes, que se proclamaron terceiras na primeira liga galega na súa categoría. Malia que, sen dúbida, os dos fitos dos que máis poden presumir é de Noa Cid Cortegoso, unha das integrantes do equipo infantil (que logrou permanecer na primeira galega). A rapaza formou parte da Selección Galega Infantil, que logrou o bronce no Campionato de España de Selección Autonómicas. E, mentres acumulan méritos e fitos inesquecibles, buscando ás que poderán ser as voleibolistas do futuro. Seguro que ti, ou alguén que coñeces, pode ser unha delas.

Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es