Xandrolas | revista eSmás O Salnés 36 Primavera 2026
Entre as supersticións máis curiosas que atopei en Galicia
Entre as supersticións máis curiosas que atopei en Galicia, sempre me chamou a atención unha que existe entre os mariñeiros: a de non poder mencionar ao cura cando se está no mar. O feito tamén se daba en toda a ría de Arousa e, por suposto, no Grove. Estamos a falar dunha época na que os barquiños de pesca ían “a brazo”, ou sexa, a remo, porque o do vapor é de hai catro días.
Pois si, se a algún se lle daba por nomear ao cura, volta para terra e marea perdida. Iso si, ao que o nomeaba caíalle unha malleira como a que levan os polbos, por idiota.
Había a crenza de que, estando no mar, se se mencionaba ao cura, ou ben non se pescaba nada ou ben se ía a pique. E claro, ante ese panorama, mellor volver a porto. Se por razóns necesarias había que citar ao cura, entón dicíase “o de negro” ou “o de loito”, e xa todos entendían.
Xa hai moitos anos que os mariñeiros deixaron este costume de lado, porque hai máis cultura e, por que non dicilo, tamén por cuestións económicas.
Pero, mira ti, aínda hai quince anos, estando nunha taberna do Castro, no “Entra y Verás”, en Vilagarcía, chamoume a atención unha conversa que tiven co finado do Raposo. Eran perto das doce da mañá e el viña de furtivo de apañar unhas ameixas e uns berberechos do Cavadelo. Fora en gamela con… (como ela aínda vive non vou dicir o nome). Xa tiñan collido medio capacho de marisco. E agora deixo que siga falando o meu contertulio, que o fai con máis graza:
Raposo:
—E ela di: me cagho no cura de todas as parroqueas. Teño unha bota furada. Mañá teño que ir ao mercado a comprar outras.
E eu cagueime en todos os santos e a punto estiven de tirar o marisco ao mar e volver para casa. Pero… teño dous fillos que manter, que senón, ían ao mar o capacho máis ela.
Moito teño matinado sobre a orixe deste estraño costume, preguntado a outros folcloristas e mesmo inquirido a varios curas da zona, pero ninguén me soubo dar resposta.
Quizais mellor así… que esta antiga crenza siga envolta no misterio.
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14