Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 37 Verano 2022
O lobishome érguese coma un dos entes con máis concorrencia na mitoloxía popular.
Maxia, supersticións, crenzas... Moreas de lendas, contos e tradicións ateigan a historia da humanidade. Cheas de criaturas da máis diversa índole, o lobishome érguese coma un dos entes con máis concorrencia na mitoloxía popular.
Deste xeito, son múltiples as crónicas nas que este ser ten parte. Xa na literatura clásica, Lycaon constitúe a primeira referencia a tan estraña figura. Así, o rei de Arcadia (Grecia) foi convertido en home lobo tras encolerizar a Zeus nunha das súas visitas ao territorio heleno. Tras a súa orixe, a lenda sucedeuse por pobos nórdicos como Alemaña, Dinamarca, Estonia ou Finlandia, extendéndose por todo o continente Europeo deica chegar á nosa comunidade.
Procedente do latín hominem lupum, o xerme do lobishome galego responde a numerosas causas. Hai quen di que a metamorfose emana de maldicións aos pais do afectado ou de ter coma data de nacemento o 24 de decembro. Coñecida coma “fada”, outros aseguran que a raíz do problema se debe á envexa, a un meigallo contra o propio damnificado ou, incluso, a unha soberbia botada por el mesmo. Sen embargo, ser o sétimo ou noveno fillo ou filla de igual sexo semella ser a hipótese máis plausible.
Se ben a versión feminina opta pola conversión das mulleres en peeiras ou gardiás dos lobos, os descendentes varóns corren unha sorte diferente. Cun acentuado pesar coma primeiro indicio, é sempre un venres á medianoite cando a vítima non é quen de reprimir o seu instinto e foxe deica o monte. Unha vez alí, a luz da lúa álzase coma único testigo da súa transformación. Agochándose entre os lobos, a pelaxe comeza a lle saír polo peito. Con gran dor e sufrimento, a maldición faille perder a conciencia humana en favor dunha sanguinolenta condición, dando en cometer crimes e asasinatos cuhna ferocidade abrumadora. Dada a súa bravura, non existen paos, pedras, balas ou ferramentas capaces de o ferir con facilidade.
Aínda que o habitual é que o perxudicado sufra a súa circunstancia por tempadas, ás noites ou días determinados, a fada en cuestión pode perdurar toda a vida ou, no mellor dos casos, extinguirse por si mesma en 7 anos. Coma posibilidade de adiantar a súa fin, a fada pode ser crebada. Por un lado, facer sangue ao home cun acebo bendecido o domingo de ramos namentres está convertido é unha das posibilidades. Doutra banda, arrincarlle a pel de lobo e queimala ou sorprendelo cando se está a transformar configuran o resto de opcións. Ademais, existe unha maneira de evitar a súa aparición: que o irmán ou irmá maior (segundo se trate de descendentes homes ou mulleres) sexa o padriño ou madriña da potencial vítima.
Con todo, a licantropía segue a ser unha fonte de multitude de fábulas e ficcións que modelan a cultura popular. Sexa a súa beleza ou a súa implacable crueldade, a imaxe do lobo encrávase na memoria da comunidade como mostra dos instintos cazadores do home primitivo. Será que, a pesares do tempo transcorrido, seguimos a conservar resquicios licántropos dentro de nós?
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Pídelo Luck – Delivery en Vilagarcía de Arousa Tu empresa de reparto a domicilio de comida. Telf.: 663 12 64 28 Pídelo Luck
Vilagarcía de Arousa vive o seu mellor momento. Praza de Ravella, 1 - 36600 Vilagarcía de Arousa - Telf: 986 099 200 - Fax: 986 501 1 09 - E-mail: concello@vilagarcia.es - www.vilagarcia.es
Centro de Estética Avanzada en Vilagarcía de Arousa con más de 15 años en el sector. Rúa Arapiles, 8. - Vilagarcía - Telf: 608 106 273 - Visita nuestro instagram instagram.com/susanacolorado.beauty
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Clínica Giraldo
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comVisita nuestra web
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Angeles Tilve - Peluquería Unisex. Tlf: 626456011 - 886309829. Plaza Juan XXII, 2 - local 10. Vilagarcía. Horario: Martes a Sábados, de 9:00 a 20:00h.