Fátima Frieiro Santaya | Revista eSmás edición Vilagarcía Nº 4
A arte de sementar vida na area

Foron o paso dos anos, a historia, e tamén a iniciativa da xente de Carril os que permitiron que este enclave, berce da Ría de Arousa, siga conservando hoxe en día unha vida mariñeira que se remonta á Idade Media.
Nin a xente de maior idade lembra de donde vén a case exclusiva tradición dos parques de cultivo, esas leiras no mar que sorprenden a autóctonos e turistas.
Os primeiros escritos apuntan a que este tipo de acuicultura ten máis de nove séculos e que foi o bo facer dos carrilexos o que conseguiu un sistema de produción marisqueira que incluso se ten estudiado en teses doutorais na Universidade.
A tradición e a técnica trasmitíronse de pais a fillos durante xeracións ata converterse, na actualidade, no sustento económico de máis de seiscentas familias.
É sinxelo percatarse de que hai un detalle fundamental que diferencia a forma de marisqueo empregado en Carril respecto á doutros puntos da costa galega. Os carrilexos non son meros recolectores de moluscos coma a ameixa ou o berberecho, senón que son produtores e cultivadores. Son eles os que seguen de preto todo o proceso de engorde do marisco dende o minuto un, os que o recollen cando este acada o tamaño necesario e os que o levan á lonxa para o proceso de comercialización. En toda esta canle invisten millóns de euros e outras tantas horas de traballo a pé de praia.
Os parques son concesións administrativas, marcadas como as leiras en terra, que dende os seus inicios foron traballadas para que a area fose máis produtiva para o cultivo marisqueiro. Estas curiosas parcelas foron ao principio destinadas á produción do mexillón, pero a chegada das primeiras bateas á Ría obrigaron aos parquistas a reiventarse cara o cultivo da ostra e da ameixa.
¿Como diferenciar os tipos de ameixa? É importante saber que a cor non ten nada que ver co tipo de ameixa, senón que a ameixa colle a cor da terra na que medra.

Foi precisamente nesta última donde moitos carrilexos, asociados na súa maioría na Agrupación de Parquistas, atoparon a mellor forma de sacar vida da area. Do mar de Carril nacen a ameixa babosa (a raíña da coroa), a xapónica e a fina e tamén o case extinto berberecho.
Só os ollos máis profesionais saben distinguilas entre sí, mentres que padales de todas as nacionalidades degustan cada ano pola Festa da Ameixa os ricos moluscos cociñados “á mariñeira”.
A realidade fala por si soa e é máis que evidente que o marisqueo carrilexo dos parques de cultivo tense convertido hoxe en día non só nunha das actividades económicas máis importantes do concello de Vilagarcía, senón tamén nunha porta aberta á promoción turística e gastronómica.
No marco dun ambicioso proxecto a Agrupación de Parquistas non só intenta dar máis pulo á xa emblemática Festa da Ameixa, senón que aposta pola consecución dunha Denominación de Orixe que fará que o molusco propio dos parques carrilexos sexa recoñecido como tal en mercados de todo o mundo.
E é que, dende un punto de vista anecdótico, algún estudios teñen demostrado que a ameixa de Carril posúe o índice de colesterol máis baixo de todos os seus semellantes da Ría e que, lonxe de perder valor, se vai consolidando como o produto estrela da mesa dos mellores restaurantes.
Cabe destacar que a Festa da Ameixa de Carril celébrase todos os anos no mes de agosto e é unha celebración gastronómica que reúne a máis de 20.000 persoas chegadas de distintos puntos de España.
Tipos de marisqueo:

Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 www.audicostaudifonos.com
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web