Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 25 Verano 2019
A súa primeira gran influencia musical, foi sen dúbida o seu propio pai Juan Vidal Lemiña “Charly"
Pablo Vidal Mendoza (Barakaldo 1966) medrou escoitando ao seu pai compoñendo e tocando bole
ros co Trío Los Soberanos. Non era consciente, pero estaba a sementar o xerme da música. Juan Vidal, ensinoulle os primeiros acordes co seu “requinto” e, a partir de aquí endexamais parou de aprender. Por aquel entonces debía de ter uns 7 ou 8 anos.
Aos 9 anos comezou a estudar piano con Alfonso Galbán, aos 10 acompañaba co órgano ao Orfeón Alento Xoven de Carril que dirixía o seu pai. Aos 12 incorporouse a Airiños como teclista e acordeonista. Con eles gravou O LP Airiños “ Lembranzas dá terra meiga” e xirou por Europa.
A partir dos 14 anos comezou a tocar o baixo en grupos de pop-rock: “Uranio”, “Kontrabanda”, “7º Convocatoria”, “Os Resentidos” e un longo etc. Sempre música orixinal.
Aos 17 anos foi vivir a Santiago e alí coñeceu o jazz na súa esencia, en directo. Asiduo ao Club de Jazz de Alférez Provisional puido escoitar a Clunia Jazz, NHU, asistir en directo á gravación do programa “Jazz entre amigos” e participar en numerosas jams sesions. Na capital galeg formou parte do grupo “7º Convocatoria” xunto a Xabier Camba, Javier Debesa, Pepe Cendón, Jorge Val, Jorge “condorito”... facían Ská pero empapado de moito swing e funk. Gravaron unha maqueta de noite na UP de Vigo. Como anécdota peculiar, cabe destacar que Mecano foi os seu teloneiro nun concerto en Castrelos a finais dos anos 80. Aínda que todo estaba organizado para que fose ao revés, por problemas técnicos, o grupo de Pablo Vidad acabou actuando despois do recoñecido grupo español.
Ademais de estudar e participar en proxectos creativos, foi arranxador dalgunhas das orquestras mais relevantes da época, entre elas a Orquestra Passarela, seleccionada por Pedro Almodóvar entre as mellores do país para tocar na presentación da súa película “La flor de mi secreto”.Tamén traballou como músico de estudo. O seu baixo e contrabaixo pódense escoitar en decenas de discos. Mentres, estudaba no Ateneo Jazz Madrid harmonía, arranxos e composición e nacían as súas fillas xemelgas.
A súa primeira gran influencia musical, foi sen dúbida o seu propio pai Juan Vidal Lemiña “Charly”, pero as bandas sonoras da época dourada de Hollywood, así o rock sinfónico dos 70 e 80 o jazz e a fusión tamén foron grandes referentes. A pesar de ter bos mestres, resalta sempre o seu carácter autodidacta. A curiosidade, a investigación e a evolución debe ser constante.
Na actualidade adícase a compoñer, gravar e producir música no seu estudo en Bamio chamado aldeaglobal. Algúns dos discos que producíu son: Pablo Vidal Group “Orixe”, Pablo Vidal Trío “Jazz Pagano”, Clara Pino & Pablo Vidal “Nowhere”, Proxecto Sapoconcho, Tatán “chapeu”, A Doce Vita “Sons de Cine”, etc. En breve será a presentación oficial de “Galicia Fermosa” o libro-CD con cancións de Juan Vidal Lemiña feito coa colaboración da Concellería de Cultura de Vilagarcía.

Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com