Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 1
Comezamos a nosa viaxe pola arqueoloxía do Salnés e a nosa primeira parada será no famoso petróglifo de Outeiro do Cribo


Comezamos a nosa viaxe pola arqueoloxía do Salnés e a nosa primeira parada será no famoso petróglifo de Outeiro do Cribo, na parroquia de Santa María de Armenteira, concello de Meis.
Trátase dunha gran laxa granítica, duns 5 x 2,5 metros aproximadamente e inclinada cara ao oeste. Nela represéntase unha combinación dun gravado xeométrico: un labirinto, na parte superior, e a lo menos cinco cuadrúpedes, dous deles claramente cérvidos, na parte inferior. Hai tamén algunhas liñas que asemellan ser máis recentes ademais dunha posible escena de equitación na parte inferior esquerda. O mellor momento para contemplalos é a tardiña, cando o sol está mais inclinado e a luz potencia a súa visibilidade.
Resumindo, xa que en próximos artigos falaremos con mais detalle, os petróglifos son a primeira grande manifestación artística dos nosos antepasados. A maioría dos investigadores os sitúan na idade do bronce (II-III milenio a.C.), malia que algúns deles poderían ser máis antigos (da Idade do cobre e do neolítico) e algúns máis tardíos (da Idade do ferro), e aseméllanse aos que foron realizados con pedras de cuarzo, golpeando e erosionando a pedra pouco a pouco.
Trátanse de toda unha serie de gravados denominados xeométricos (círculos, coviñas, liñas, espirais, labirintos....) e figurativos (cérvidos, armas, cabalos, figuras humanas...). A súa interpretación é complexa, xa que son “debuxos” moi simbólicos e nós non coñecemos o código co que foron elaborados nin o seu significado, polo que tan só podemos teorizar. O que si parece claro é que funcionarían coma unha linguaxe pola que transmitían información que a sociedade do momento entendería, unha sociedade onde a caza e a guerra representaban un papel moi importante.
Neste caso destaca a figura do labirinto. Na actualidade, tan só temos seis exemplos en Galicia: Outeiro do Cribo (Armenteira), dous en Mogor (Marín), Pena Escrita (Oia), Pé da Mula (Mondariz) e Chán do Rei (O Rosal). O deseño do labirinto consiste nun único camiño que conduce dende a entrada caro ao centro, sen posibilidade de extravío.
É unha figura moi complexa. Antigamente considerábase que tiña unha orixe mediterránea que os nosos antepasados asimilaron por contacto con esas culturas. Hoxe en día asemella que non é así, xa que hai pouco atopouse un en Noruega que asemella ser do Mesolítico, é dicir, moito máis antigo que os de orixe mediterránea e tamén que os nosos. Non está moi clara a súa orixe, pois temos gravados de labirintos en todo o mundo, moi afastados tanto no tempo coma no espazo.
Así, tamén atopamos labirintos en Inglaterra, Exipto, Italia, Siria, Noruega, Suecia, Rusia, na India, no Perú ou nos Estados Unidos. Algúns son tan antigos coma os nosos ou máis, e outros coma os do indio Xopi (Estados Unidos) moito máis tardíos ( entre os séculos XIV-XV d.C.), chegando incluso a representarse tamén na Idade Media no so dalgunhas catedrais (Amiens, Francia).
Polo tanto, o seu significado é moi complexo. Para os indios Xopi, a súa compresión permite acceder a unha esfera superior do coñecemento. Na India, está relacionado coa meditación. Na Idade Media representaban o camiño que debía seguir unha persoa para chegar a Deus, e mesmo ata mediados do XX, en Noruega, documéntanse labirintos feitos con pedras, preto da costa, nos cales os mariñeiros facían un ritual para afastar á mala sorte, poder ter así boas capturas cando foran pescar e, sobre todo, para volver vivos.
Doutra banda, relaciónanse cun ciclo de eterno retorno, vida (centro do labirinto), as diferentes etapas da vida (o camiño) ata a morte (final do labirinto) e resurrección (volta empezar). Os significados que se lle outorgan son, como ven, moi diversos. Polo tanto, ¿por que os gravaron os nosos antepasados nas pedras? Iso é algo que non sabemos e que, persoalmente, non creo que o vaiamos saber. O único que podemos facer é imaxinalo.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es