Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº15 - Invierno 2020
Nas profundidades do monte do Xil atopamos un dos maiores tesouros arqueolóxicos de Meaño.
Os petróglifos da Sobreira son un conxunto de gravados prehistóricos situados nunha roca disposta na ladeira de poñente, no monte da Sobreira.
Aproximadamente son 12 figuras, entre as que podemos apreciar combinacións circulares, liñas, cazoletas e muíños naviculares que se conservan en moi bo estado. Aínda que non son os únicos petróglifos descubertos no concello, se son os mellores conservados debido ao difícil acceso á zona, rodeada de eucaliptos e camiños repletos de monte.
Esta situación permitiu que os gravados podan ser identificables despois de siglos, pero tamén impediron o recoñecemento da zona como un punto de interese turístico e un referente arqueolóxico digno de visitar, xa sexa con fins didácticos ou de lecer. A ausencia de sinalización e de camiños accesible fai que turistas e locales non podan visitar os petróglifos facilmente.
Ante a dificultade de acceder á zona, o achado foi un feito completamente fortuíto acontecido nos anos 80. O protagonista do descubrimento foi un intrépido neno que se adentrou no monte co obxectivo de realizar un debuxo para clase. O seu nome é José Manuel Villar, un estudante meañés que por aquel entonces tiña 12 anos e vivía no barrio de Carballoso en Xil. Ao subirse á roca, o mozo albiscou por casualidade os gravados que identificou perfectamente porque xustamente estaba dando o tema da Prehistoria en clase.

Sorprendido polo que acababa de descubrir no seu paseo polo monte, o mozo compartiu o seu achado co seu profesor e os seus compañeiros. A clase non tardou en emprender unha expedición ao monte para confirmar o descubrimento que despois puxeron en coñecemento do museo de Pontevedra.
Aínda que se trata dun importantísimo achado que pon en valor a riqueza arqueolóxica de Meaño, o petróglifo da Sobreira non é a única xoia arqueolóxica do municipio.
Polo menos tense constancia da existencia da Mámoa de Penaguda e de dous antigos castros. Un está situado na cima do monte San Cibrán en Cobas e outro en Dena, no lugar cuxo topónimo leva o nome de Ou Castro.
Ademais, o municipio conta cun enorme patrimonio formado por centenares de cruceiros, hórreos, muíños, pazos, igrexas e capelas repartidas polas sete parroquias dá vila: Covas, Padrenda, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena.

Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada