Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº34 Otoño 2021
O grupo poético que abriu as portas da “movida” viguesa, entre 1976 e 1983, publica un libro rompedor 40 anos despois.
Entre 1976 e 1983, Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedora en Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética e desembocou no que marcaría as súas vidas: O Grupo de Comunicación Poética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresión coñecida como “vietnamita”, e as multicopias con clixés. Rompente pertence daquela á prehistoria da modernidade poética galega. Empezaron tan novos que só os doutores de literatura galega saben da súa primeira xuntanza poética. Eran, en doses inexactas, un chisco beat e un chisco guerrilleiros. Facían “performances” e estaban obsesionados coa linguaxe “multimedia”, pero esas palabras aínda non se usaban naqueles tempos. Subíanse a escenarios con músicos, como Julián Hernández (antes de que se fundara Siniestro Total), e colaboraban con pintores como Menchu Lamas e Antón Patiño para visualizar a súa expresión poética. Desde a súa disolución como grupo, desenvolveron unha actividade enorme: Romón na TV, na escrita e na actuación; Reixa na música rock, na escrita e na industria audiovisual; e Avendaño no xornalismo do Washington Post, na escrita e na Academia Norteamericana de la Lengua Española. Hoxe, uns 40 anos despois, teiman na poesía e volven dirixirse á palabra, aínda que seguen falando sós.

Por que volve Rompente?
Porque Alberto (Avendaño), que é de Vigo, regresou a Galicia e quedou a vivir en Vilagarcía, despois de máis de 30 anos en Estados Unidos. Non quedaba outra. As nosas biografías medraron esplendorosamente desde a nosa desaparición, como grupo, en 1983; pero a nosa actitude literaria non mudou e hoxe queremos retomar o noso discurso literario nunha Galicia en constantes encrucilladas.
Que é “Que hostia din os rumorosos?”?
O noso novo libro, claro; pero tamén unha pregunta que levamos toda a vida tratando de contestar. O himno galego, xunta co himno de Estados Unidos, son se cadra os dous únicos himnos do mundo que empezan cunha pregunta, daquela a nosa misión é hoxe cuestionar aos poderosos e preguntarnos a nós mesmos, coma galegos, que carallo preguntamos e cales van ser as nosas respostas para o futuro.
Rompente volve acompañado de Julián Hernández (Siniestro Total) e dos pintores Menchu Lamas e Antón Patiño. Regreso ao futuro?
Menchu e Antón foron desde 1976 os nosos artistas plásti- cos de referencia e complicidade. Julián foi sempre a nosa sinistra banda sonora en pubs vigueses coma o Satchmo, antes da década dos 80. Por iso tiña que escribir o prólogo do novo libro. Romón asistiu ao nacemento do grupo de Julián cando o coche no que ían foi declarado “siniestro total” pola aseguradora. Os músicos saíron ilesos, pero o poeta Romón perdeu o bazo. Foi a doazón de Rompente ao espírito da movida.
Por que publicades en Elvira Editorial (Vigo) un poemario que leva camiño de converterse nun libro de culto?
Porque só unha editorial independente e con espírito rompedor podía aguantarnos e aturarnos. Ademais, Elvira Editorial é a casa do gran poeta Carlos Oroza, e desde o traballo lingüístico con Arantxa Amatriaín, pasando polo maquetador Rubén Romero, ata o editor Xabier Romero, fixéronos sentir en casa. Na casa dunha editorial que respecta e aprecia aos poetas.



Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com