Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 36 Primavera 2026
As persoas que estades a ler este artigo seguro que xa poñedes límites sen saber que o estades facendo
As persoas que estades a ler este artigo seguro que xa poñedes límites sen saber que o estades facendo. Por exemplo, unha noite de sábado as vosas amizades pregúntanvos e insisten en saír de festa, pero ese día a ti non che apetece nada e respondes que outra vez será, que estás moi cansa e non che apetece. Por moito que insistan, segues respondendo con tranquilidade que non, que o pasen moi ben. Este é un exemplo de límite. Estás atendéndote a ti, priorizando o teu benestar antes que o dos demais.
Tamén podes poñer límites ás persoas que están ao teu cargo, por exemplo a unha filla ou un fillo. As persoas que somos pais e nais facémolo a diario; forma parte da crianza e da boa educación que lles queremos dar. Agora, co tema das pantallas, póñense límites todos os días. Outro exemplo: a túa filla, Ana (caso ficticio), xa leva máis dunha hora sentada xogando diante dunha pantalla e póñeslle o límite: “Ana, dentro de dez minutos apagas a pantalla e imos facer uns recados xuntas”. A continuación virá a protesta da nena, levantando a voz. Ti, tranquila e segura, entendes ese malestar dela porque o seu sistema interno pídelle máis, pero ti sabes que o que estás facendo é coidar da súa saúde mental e física. Repíteslle con calma: “Tes dez minutos para acabar o xogo e apagar”. Cando remata o tempo, informas de que xa non hai máis e dáslle a opción a ela de apagar. Se non o fai —e isto é moi importante— apagas ti. As primeiras veces haberá moitas protestas, pero a medida que isto se repita no tempo, a intensidade das protestas baixará; sempre baixa, e acabarán incluso apagando a pantalla eles mesmos.
Este é un límite moi san que deberiamos practicar todos e todas: pais, nais, avós e coidadores. Establecer un tempo máximo e aplicalo sistematicamente todos os días cando son pequenos. Está a opción de cero pantallas durante a semana e só nos fins de semana. Ou un uso limitado pola semana e máis flexible nos fins de semana, para tamén pasar tempo xogando e facendo plans en familia sen pantallas. Cada familia elixe o plan que encaixe coas súas dinámicas e valores. A Asociación Española de Pediatría recomenda non usar pantallas ata os 6 anos. Entre os 7 e os 12, un máximo dunha hora ao día, e entre os 13 e os 16, menos de dúas horas ao día.
Por outra banda, están os problemas que temos cando non poñemos nunca límites e sentimos que as necesidades dos demais están antes que as nosas. Cando estamos sempre para os demais porque nos ensinaron desde pequenas que isto era así, porque senón serías unha egoísta. Aprendes a non priorizarte, a quedar de última ou directamente a non pensar nunca en ti. Esta situación provoca un sufrimento moi profundo que, se se mantén no tempo, pode derivar en moitas doenzas a nivel físico e mental.
Hai casos, sobre todo de mulleres, que viven en silencio este sufrimento. Eu animaríaas a buscar axuda, porque a esta falta de límites pódese —e débese— darlle a volta. Non estamos neste marabilloso planeta azul para sufrir constantemente por non atendernos e por aguantar un malestar que, gota a gota, día a día, ano tras ano, vai sumando e acaba formando unha mochila invisible cunha carga moi difícil de soportar.
Pide axuda. Nunca é tarde.

AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com