Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía 54 Otoño 2026
Vilaxoán é terra de mariñeiros e, ata hai poucos anos, estes mariñeiros que ían ou viñan do mar reuníanse nas tabernas.
Vilaxoán é terra de mariñeiros e, ata hai poucos anos, estes mariñeiros que ían ou viñan do mar reuníanse nas tabernas do pobo. E mentres uns tomaban a perrita, xogando á brisca ou ao julepe, outros cantaban acompañándose de guitarras e bandurras que estaban penduradas das paredes das tabernas. Porque antes, en tódalas tabernas e bares de Vilaxoán había estes instrumentos colgados das paredes, á libre disposición de quen quixera tanguelos... O bar de Tuco, o Trompo Vivo, o Miramar de Florita, o de Juan Benigno... Mesmo na centenaria confraría de pescadores había unha boa rondalla de pulso e púa de fama comarcal.
Así xurdiron moitas cancións orixinais, autóctonas de Vilaxoán, especialmente habaneras, valses, baladas e cantigas de entroido. Dúas destas cancións podedes escoitalas enlazando neste enlace: https://youtu.be/7LMdZQGhKFg?is=QESxDnUzzLVMdpGu
A primeira é «Rula», e di así a letra:
RULA DA MIÑA IALMA
Rula da miña ialma
meu caravel de amor
estrela da miña vidiña
ti ere-lo meu doce encanto
ti ere-la miña ilusión.
Por que non aprendes
dos meus cariños
doce estreliña
meu corazón.
Ti eres ruliña
dos meus encantos
quéroche tanto
morro de amor.
Ignoramos o nome de quen a compuxo, pero si hai xente maior en Vilaxoán que lembra que fora un barbeiro. Esta canción está gravada en vinilo pola Coral de Vilaxoán, dirixida por Máximo Patiño, que foi quen a harmonizou e adaptou para canto coral. Tamén está gravada en CD polo grupo Atlántica Vapora.
Da segunda canción, «Luz Divina», só atopamos unha gravación en CD, interpretada a dúas gaitas polos Terribles de Arousa e cantada polos homes da comparsa vilaxoanesa «Marajota e Media».
No enlace escoitarémola no festival «Vilaxoán Canta», na edición do ano 1995, dirixida por Máximo Patiño e con acompañamento de Salvador Cores «O Manso». Pincha aquí: https://youtu.be/SdF8MPTTOu8?is=RepR6ABdlgqeTISc



Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es