Autor: Carlos Rey | revista eSmás O Salnés 37 Verano 2026
Varios nenos e nenas sentan no chan ou arredor dunha mesa. Cada rapaz ten nas mans dúas pedriñas.
O folclore infantil galego debeu ser riquísimo. Sen embargo, pouco a pouco foi esmorecendo. Primeiro nas vilas e cidades, onde comezaron a imperar as cancións e os xogos cantados en castelán. Así, os xogos cantados en galego quedaron relegados ás aldeas.
De todas as maneiras, estas cancións infantís apenas interesaron aos folcloristas, antropólogos e etnógrafos que investigaron o noso patrimonio, por consideralas «material de terceira categoría». Mesmo falando, hai uns dez anos, en Santiago, cunha das «vacas sagradas» da etnografía en Galicia, Carmelo Lisón Tolosana, comentárame: «Si, tienes razón, en muchas ocasiones nos olvidamos del folclore infantil o solamente le dedicamos un pequeño apartado en nuestros trabajos».
Pola contra, desde hai máis de dúas décadas atopámonos con asociacións como BRINQUEDIA, que se dedican á recuperación e ao fomento dos xogos populares galegos. Hai uns anos, falando co seu presidente, Xosé Manuel Barreiro Ínsua, comentábame: «Carlos, o traballo dos nenos é xogar».
E diso imos tratar hoxe: dun xogo de nenos e nenas que era moi popular en toda a contorna da embocadura da ría de Arousa, desde a Illa, pasando polo Grove e, por suposto, por Sanxenxo, onde o escoitamos por primeira vez.
Varios nenos e nenas sentan no chan ou arredor dunha mesa. Cada rapaz ten nas mans dúas pedriñas, unhas cunchas de berberecho ou calquera outro obxecto semellante. Comeza a canción e os nenos van pasando ao compañeiro da dereita as pedras, mentres reciben as dúas pedras que lles pasa o compañeiro da esquerda. A medida que o xogo transcorre, a canción vaise acelerando ata que alguén se equivoca e perde. Quen perde ten que pagar unha prenda imposta polos seus compañeiros, como subir a unha árbore, meter herbas na boca ou coller ortigas coas mans.
É certo que a cantiga vai en castelán, pero cómpre ter en conta que este é un proceso histórico polo que atravesou a nosa lingua, nos guste ou non.
San Pedro, como era calvo,
le picaban los mosquitos
y su padre le decía:
ponte la gorra, Perico.
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es