Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía 54 Otoño 2026
Durante a visita á residencia, a rapazada ofreceu un variado programa de actuacións que preparara con moita ilusión.
Os 50 nenos e nenas de entre 7 e 10 anos que participaron nos campamentos de verán Naturarte, organizados pola Concellería de Xuventude, viviron durante o verán unha emotiva xornada interxeracional na residencia de maiores Divina Pastora. A actividade permitiulles compartir unha mañá de música, baile, teatro e tradición coas persoas residentes. Esta xornada interxeracional adoita celebrarse todos os anos durante o verán e forma parte do programa de actividades dos campamentos de verán do Concello. O seu principal obxectivo é favorecer o encontro entre diferentes xeracións, estreitar os lazos entre os máis pequenos e as persoas maiores e fomentar valores como o respecto, a empatía e a convivencia. Ao mesmo tempo, constitúe unha oportunidade para que nenos e maiores compartan experiencias e coñecementos.
Durante a visita á residencia, a rapazada ofreceu un variado programa de actuacións que preparara con moita ilusión. Os residentes puideron gozar dunha divertida rolda de chistes, representacións teatrais, pequenas actuacións de circo, interpretacións musicais con violín e frauta e diferentes coreografías. Entre as actuacións destacou a tradicional Muiñeira de Chantada, que espertou a emoción de numerosos asistentes, así como diferentes bailes actuais inspirados no grupo surcoreano Katseye. Deste xeito, a xornada permitiu combinar elementos da cultura e da tradición galega cos gustos musicais e artísticos das novas xeracións.
Un dos momentos máis especiais foi o desenvolvemento dun proxecto de recuperación da memoria popular e reactivación cognitiva a través do refraneiro galego. Os nenos e nenas recompilaran previamente, coa colaboración das súas familias, numerosos refráns tradicionais que posteriormente compartiron cos residentes. Estes foron convidados a completalos, lembrar outros semellantes ou contar as súas propias experiencias relacionadas con esas expresións populares.
A actividade propiciou un enriquecedor intercambio de lembranzas e vivencias e contribuíu a poñer en valor o patrimonio oral galego, transmitido ao longo das xeracións. A mañá rematou nun ambiente de alegría, emoción e complicidade. As persoas maiores agradeceron o entusiasmo e a vitalidade dos máis pequenos, mentres que os participantes nos campamentos puideron coñecer de preto as experiencias e lembranzas doutra xeración. Con esta actividade, que se repite habitualmente cada verán dentro do programa dos campamentos Naturarte, se promove o encontro entre maiores e pequenos e crea un espazo no que compartir cultura, tradicións, aprendizaxes e momentos especiais.


Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com